Hammersmith e Fulham

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hammersmith e Fulham
Mapa
LondonHammersmithFulham.pngSituación dentro do Gran Londres
Información
Estado Flag of the United Kingdom (1-2).svg Reino Unido
País Inglaterra
Condado Gran Londres
Capital
Superficie 16.40 km2
Poboación 169.700 (est. 2010)
Densidade 10.348 h/km²
Alcalde Frances Stainton
Web oficial de Hammersmith e Fulham
Shepherd's Bush Road no distrito de Hammersmith and Fulham.

O distrito municipal de Hammersmith e Fulham (en inglés, London Borough of Hammersmith and Fulham) é un distrito (borough) do Gran Londres situado ao oeste de Kensington e Chelsea, ao sur de Brent e ao norte do río Támese.

Este distrito é o resultado da fusión, en 1965, dos antigos distritos de Hammersmith e Fulham. Era coñecido unicamente como distrito de Hammersmith até 1979, cando o consello do distrito cambia o nome ao actual.