Década de -60
Aparencia
Primeiro milenio a. C. | |||||
Século -I | |||||
| |||||
|
69 a.C.
- Artigo principal: -69.
- Xulio César é nomeado cuestor.
68 a.C.
- Artigo principal: -68.
- Caio Xulio César chega por vez primeira a Hispania como cuestor.
- Lúculo é desposuído do mando das lexións romanas na guerra contra Mitrídates III do Ponto.
67 a.C.
- Artigo principal: -67.
- Pompeio é investido con poderes excepcionais e remata a guerra contra os piratas que hostigaban ás embarcacións e o litoral de Italia
- Guerra civil en Xudea entre partidarios dos fariseos e dos saduceos.
66 a.C.
- Artigo principal: -66.
- Batalla do Éufrates - Pompeio derrota a Mitrídates III, rei do Ponto. O país pasa ao dominio da República Romana.
65 a.C.
- Artigo principal: -65.
- Finaliza a Terceira Guerra Mitridática.
- Xulio César e elixido edil de Roma.
64 a.C.
- Artigo principal: -64.
- Os últimos seléucidas son destronados por Roma.
- En Roma, o tribuno Servilio Rullo propón unha lei de reforma agraria.
- Pompeio destrúe o reino do Ponto; Mitrídates VI suicídase tras escapar a Crimea.
- Pompeio anexa Siria; logo captura Xerusalén e anexa Xudea.
- Os romanos depoñen a Antíoco XIII Asiático; algúns consideran este feito como o fin da dinastía seléucida.
- Cicerón presenta a súa candidatura para o consulado.
- Hispania Ulterior: Publio Sittio fai campaña en favor de Lucio Sergio Catilina.[1]
63 a.C.
- Artigo principal: -63.
- Roma anexiona Xudea como reino clientelar, logo de ser submetida por Cneo Pompeio Magno. O rei xudeu Aristóbulo II é deposto, elevándose a Xoán Hircano II convértese no novo rei e sumo sacerdote, so a protección romana.
- Xulio César é elixido Pontífice Máximo de Roma.
- Conxura de Catilina para facerse co poder en Roma (até -62), descuberta por Cicerón.
Arte e cultura
- Catilinarias: discursos de Cicerón contra Catilina.
62 a.C.
- Artigo principal: -62.
- Batalla de Pistoia: Catilina e as súas tropas son vencidos.
Arte e cultura
61 a.C.
- Artigo principal: -61.
- Xulio César ao mando dunha frota naval chega a Brigantium co obxectivo de acabar coas constantes rebelións.
60 a.C.
- Artigo principal: -60.
- Primeiro Triunvirato formado por Pompeio, Craso e César.
- Xulio César preséntase cunha frota en Brigantium (A Coruña), no Norte da Gallaecia, obtendo a rendición dos pobos galaicos do Magnus Sinus Artabrorum.
Arte e cultura
- Cicerón "De consulatu suo", poema épico autobiográfico.
- ↑ A. Moure Romanillo y otros: Manual de Historia de España, "1. Prehistoria. Hª Antigua", pág. 590, Historia 16, 1991, ISBN 84-7679-193-3.