Durante la tormenta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Durante la tormenta
Ficha técnica
Título orixinalDurante la tormenta
DirectorOriol Paulo
ProdutorMercedes Gamero
Mikel Lejarza
Eneko Lizarraga
Jesús Ulled Nadal
GuiónOriol Paulo
Lara Sendim
Intérpretes
MúsicaFernando Velázquez
FotografíaXavi Giménez
MontaxeJaume Martí
EstudioAtresmedia Cine
Colosé Producciones
Mirage Studio
Think Studio
DistribuidoraWarner Bros. Pictures (España) (cinemas)
Netflix
EstreaEspaña 13 de novembro de 2018
Duración128 minutos
OrixeEspaña España
XéneroMisterio e drama
Na rede
IMDB: tt6908274 Filmaffinity: 493283 Allocine: 253259 Rottentomatoes: m/mirage_2019 Netlix: 80991158Editar o valor em Wikidata

Durante la tormenta é un filme español de misterio e drama de 2018 dirixido e coescrito por Oriol Paulo[1] e protagonizada por Adriana Ugarte e Chino Darín. A súa duración é de 128 minutos e o súa lingua orixinal é a castelá. A súa data de estrea foi o 13 de novembro do 2018[2] en España, e internacionalmente a través de Netflix o 22 de marzo de 2019.[3][4] Este filme está presente nos Premios Goya de 2019.[5]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Unha misteriosa interferencia entre dous tempos provoca que Vera, unha nai felizmente casada, salve a vida dun rapaz que viviu na súa casa 25 anos antes. Pero as consecuencias da súa boa acción dá lugar a unha reacción en cadea que provoca unha nova realidade onde a súa filla nunca nacera.

A noite da caída do muro de Berlín, Nico quedara só na súa casa, tras ter despedido á súa nai rumbo ao traballo. O rapaz tiña o propósito de usar a videocámara e o televisor para gravar as súas covers musicais e así poder conseguir ser unha grande estrela do rock. Pero, mentres o facía, Nico escoita ruídos provenientes da casa dos seus veciños (Ángel e Hilda) e o rapaz decide marchar da súa casa para ver que sucede, e é cando descobre o cadáver de Hilda. Nico escapa moi asustado tras ser sorprendido por Ángel e termina arrollado por unha ambulancia. O sentimento de culpa de Ángel ou as indagacións da policía fixeron que este confesase que el matara á súa esposa. Esta é a Liña do Tempo 1, na que Nico morre, Ángel vai á cadea, Vera é enfermeira e ten a Gloria (a súa filla).

A pesar de estaren separados por 20 anos de diferenza, a calidade única da tormenta permitiu que as ondas electromagnéticas xeradas tanto en 1989 como en 2009 se cruzasen permitindo unha comunicación efectiva entre Nico e Vera a través dun aparato como un televisor. Aquí se crea unha segunda liña do tempo: a Liña do Tempo 2, onde os feitos que vimos na Liña do Tempo 1 modifícanse: Ángel está libre, Vera é neurocirurxiá, Gloria non existe e Nico non morrera e obsesionouse con coñecer á muller do futuro, tendo como pista tan só a estación de Valpineda. Cando a viu decidiu ocupar o lugar fronte ela no tren, evitando o seu encontro inicial con Aitor, o seu marido na Liña do Tempo 1.

Vera logra evitar que Nico vaia á casa de Ángel e, ao saír da rúa, evita ser arrollado pola ambulancia. Nico, inicialmente cre que soñara terse comunicado con ela, a muller do futuro, que vive na súa mesma casa. Pero logo comproba que ela dixera a verdade, cando un raio cae na súa escola e as clases son suspendidas. Nico intenta comunicarse con Vera novamente pero resúltalle imposible e, eventualmente, decide botar unha ollada á casa de Ángel. Ao entrar, observa que Hilda non marchara a ningún lado, senón que está morta e logo ve como Ángel corta o seu cadáver en pedazos para metelo nunha maleta. Nico escóndese debaixo dunha cama para non ser sorprendido por Ángel e termina encontrando un reloxo de ouro.

Ao final do filme chegamos á Liña do Tempo 3, que se parece moito á Liña do Tempo 1, pero con algunhas diferenzas: Nico segue vivo, Ángel está libre e casara con Clara e criou a Aitor e nunca soubo que sucedeu con Hilda Weiss.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Espazo e tempo[editar | editar a fonte]

A historia ten lugar en Barcelona[6], España, en dous puntos cronolóxicos separados por 20 anos, o primeiro, cuxo protagonista é Nico Lasarte, empezando o día que caeu o muro de Berlín, o 9 de novembro de 1989; e, o segundo, cuxa protagonista é Vera Roy, empezando o 9 de novembro de 2009.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Oriol Paulo dirige 'Durante la tormenta': "No hay nada más grande en el mundo que el amor de una madre"". www.culturaocio.com (en castelán). Europa Press. 2018-11-28. Consultado o 2019-05-06. 
  2. SensaCine. "Durante la tormenta" (en castelán). Consultado o 2019-05-06. 
  3. "Mirage". Netflix. Consultado o 8 de xuño de 2019. 
  4. Radulovic, Petrana (20 de febreiro de 2019). "Every movie and show coming to Netflix in March". Polygon. Consultado o 10 de xuño de 2019. 
  5. "Durante la tormenta » Premios Goya 2019". premiosgoya.com (en castelán). Consultado o 2019-05-06. 
  6. "7 curiosidades de 'Durante la tormenta'". entretenimiento.facilisimo.com. Consultado o 2019-05-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]