Double Nickels on the Dime

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Double Nickels on the Dime
Álbum de Minutemen
Publicado: xullo de 1984
Datas de gravación: novembro de 1983 e abril de 1984
Estudio(s) de gravación: Radio Tokyo Studios, Venice, California
Duración: 81:01
Xénero: rock alternativo, hardcore punk, post-punk
Selo(s): SST Records
Producido por: Ethan James
Cronoloxía
The Politics of Time Double Nickels on the Dime Project: Mersh

Double Nickels on the Dime é o terceiro álbum de estudio da banda estadounidense de hardcore punk Minutemen, editado en xullo de 1984 a través do selo SST Records. Trátase dun dobrre álbum que contén 45 cancións que combinan elementos do punk rock, o funk, o country e o jazz, e fala de varios temas, dende a Guerra do Vietnam e o racismo nos Estados Unidos, ata as experiencias da clase traballadora e a lingüística.

Minutemen gravou orixinalmente o material para o álbum en novembro de 1983 co produtor Ethan James, pero despois de escoitar o Zen Arcade de Hüsker Dü, decidiron compoñer e gravar máis material en abril de 1984. Tras gravar o novo material, cada membro da banda seleccionou as cancións para as distintas caras do álbum, recibindo estas os seus nomes e sendo a cuarta bautizada como "Chaff".

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Orixinal[editar | editar a fonte]

CD de 1987[editar | editar a fonte]

CD de 1989[editar | editar a fonte]