Eddie Van Halen
Eddie Van Halen | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Edward Lodewijk van Halen |
Data nacemento | 26 de xaneiro de 1955 |
Nado en | Ámsterdam |
Falecemento | 6 de outubro de 2020 |
Santa Monica, California | |
Causa | cancro de larinxe e hemorraxia cerebral |
Cónxuxe | Valerie Bertinelli |
Fillos | Wolfgang Van Halen |
Irmáns | Alex Van Halen |
Ocupación | Guitarrista, compositor, produtor, inventor |
Instrumento(s) | Guitarra |
Relacionado con | Van Halen |
Na rede | |
http://www.van-halen.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Eddie Van Halen, nado en Ámsterdan, o 26 de xaneiro de 1955 e finado en Santa Monica o 6 de outubro de 2020, foi un guitarrista, compositor, produtor e inventor neerlandés.
Mudouse a California a mediados dos anos sesenta. Comezou como batería xunto co seu irmán Alex e uns amigos da escola, formando o grupo Broken Combs, en 1973. Logo de tres anos o nome do grupo mudou a Van Halen, sendo xa considerado como un dos mellores grupos da costa oeste de Estados Unidos. As características máis salientables do grupo eran os solos de Eddie coa técnica de finger tapping (ou fret tapping e a presenza de David Lee Roth.
En 1978 publícouse Van Halen, do que se venderon dous millóns de copias. Logo deste éxito, o solo en Beat It de Michael Jackson o finger tapping convértese nun dos recursos técnicos máis prolíficos para os guitarristas modernos.
No ano 2012, nunha enquisa realizada entre os lectores da revista, Guitar World, quedou no número 1 dos "100 mellores guitarristas da historia".[1] A revista Rolling Stone situouno no número 8 da súa lista dos "100 mellores guitarristas".[2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ July 2020, Total Guitar editors06. "The 100 greatest guitarists of all time". Total Guitar Magazine (en inglés). Consultado o 2020-09-17.
- ↑ Stone, Rolling; Stone, Rolling (2015-12-18). "100 Greatest Guitarists". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-09-17.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eddie Van Halen ![]() |