Saltar ao contido

Zen Arcade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Zen Arcade
Hüsker Dü Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
Características
 Xénero artístico
Implicados
 Produtor/a
 Interpretado por
 Selo discográfico
Datas
 Data de publicación
xullo de 1984 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/01m2x73 Editar o valor en Wikidata
Last fm: H%C3%BCsker+D%C3%BC/Zen+Arcade Discogs: 30095 Allmusic: mw0000197795 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Zen Arcade é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de hardcore punk Hüsker Dü, editado en xullo de 1984 a través do selo SST Records. Orixinalmente publicado como un disco dobre en dous vinilos, Zen Arcade conta a historia dun neno que escapa dunha vida familiar insatisfactoria, só para atopar que o mundo que hai fóra é aínda peor. O disco incorpora elementos de jazz, psicodelia, folk acústico, pop e interludios de piano, conceptos raramente tocados no mundo do hardcore punk.

Zen Arcade e os posteriores álbums de Hüsker Dü foron fundamentais na creación do xénero do rock alternativo; a banda posteriormente abandonaría a estética hardcore en favor de melodías post-hardcore e guitarras alternativas. Aínda que non foi un éxito comercial, a influencia de Zen Arcade foi máis aló da música underground, e é incluído con frecuencia en listas dos mellores discos de rock and roll de todos os tempos. Inspirou a todas as bandas emo por chegar, como Rites of Spring ou Jawbreaker.

En abril do ano 2016 a revista Rolling Stone colocouno no posto 13 da súa lista dos 40 mellores álbums de punk de todos os tempos.[1]

Gravación e produción

[editar | editar a fonte]

Cando o seu EP Metal Circus foi publicado, Hüsker Dü entrou no Total Access Studio en Redondo Beach, California para gravar o seu seguinte álbum co produtor de SST Spot. A banda gravou 25 temas en 40 horas, sendo todos tomas únicas agás dúas cancións ("Something I Learned Today" e "Newest Industry").[2] Posteriormente todo o álbum foi mesturado noutra sesión de 40 horas; a gravación e produción de todo o álbum levou 85 horas en total e custou 3 200 dólares.[3] A banda colaborou con algúns dos seus contemporáneos na escena underground durante a gravación; "What's Going On" contén voces do ex-vocalista de Black Flag Dez Cadena.

"Eight Miles High" tamén foi gravada nas sesións e publicouse como un sinxelo independente en abril de 1984.[4] Nunha entrevista en 2019 con Stereogum, Bob Mould falou desa cancións dicindo: "Todo o que fixemos no estudio, as pistas básicas, foi á primeira toma. Non queríamos usar unha das cancións do álbum como tema de quecemento. Improvisaríamos un pouco. Tiñamos que facer algo, así que esa foi a primeira canción. Fixémola e gravei as voces de inmediato para quentar. É unha toma vocal bastante tola. Converteuse entón nunha especie de carta de presentación para a banda, chegando xusto antes de Zen Arcade".[5]

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]
Cara 1
N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Something I Learned Today"  Bob Mould 1:58
2. "Broken Home, Broken Heart"  Mould 2:01
3. "Never Talking to You Again"  Grant Hart 1:39
4. "Chartered Trips"  Mould 3:33
5. "Dreams Reoccurring"  Hüsker Dü 1:40
6. "Indecision Time"  Mould 2:07
7. "Hare Krsna"  Hüsker Dü 3:33
Cara 2
N.º TítuloEscritor(es) Duración
8. "Beyond the Threshold"  Mould 1:35
9. "Pride"  Mould 1:45
10. "I'll Never Forget You"  Mould 2:06
11. "The Biggest Lie"  Mould 1:58
12. "What's Going On"  Hart 4:23
13. "Masochism World"  Hart/Mould 2:43
14. "Standing by the Sea"  Hart 3:12
Cara 3
N.º TítuloEscritor(es) Duración
15. "Somewhere"  Hart/Mould 2:30
16. "One Step at a Time"  Hart/Mould 0:45
17. "Pink Turns to Blue"  Hart 2:39
18. "Newest Industry"  Mould 3:02
19. "Monday Will Never Be the Same"  Mould 1:10
20. "Whatever"  Mould 3:50
21. "The Tooth Fairy and the Princess"  Mould 2:43
Cara 4
N.º TítuloEscritor(es) Duración
22. "Turn on the News"  Hart 4:21
23. "Reoccurring Dreams"  Hüsker Dü 13:47
  1. ↑ Rolling Stone (ed.). "Lista dos '40 mellores álbums de punk de todos os tempos'". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2016. Consultado o 7 de abril de 2016. Arquivado 10 de abril de 2016 en Wayback Machine.
  2. ↑ Zen Arcade (Media notes). Hüsker Dü. 1984
  3. ↑ Azerrad (2001), p. 18
  4. ↑ "Husker Du Annotated Discography/Commercial Releases". www.thirdav.com. Consultado o 2026-10-17.
  5. ↑ "We've Got A File On You: Bob Mould". stereogum.com (en inglés). 2019-02-20. Consultado o 2026-10-17.