Dositeo Neira Gayoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dositeo Neira Gayoso
Dositeo Neira en Vida Gallega de 1932.jpg
Retrato en Vida Gallega (1932).
Nacemento1841
Lugar de nacementoRosende
Falecemento5 de setembro de 1932
Lugar de falecementoLugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
PaiRamón Neira Montenegro
editar datos en Wikidata ]

Dositeo Neira Gayoso, nado en Rosende (Sober) en 1841 e finado en Lugo o 5 de setembro de 1932,[1][2] foi un fidalgo e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Ramón Neira Montenegro e Ramona Gayoso Ulloa. Dedicouse á carreira diplomática, foi secretario do duque de Osuna, cando era ministro plenipotenciario de España en Rusia. Elixido senador pola provincia de Lugo en 1893 e 1894, pola provincia de Ourense en 1901 e 1902, novamente pola provincia de Lugo de 1905 a 1907, finalmente foi nomeado senador vitalicio en 1910. Foi concelleiro de Lugo e deputado provincial. Vencellado a El Progreso, foi defensor dos perceptores de rendas na campaña antiforal desencadeada polo agrarismo.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Purificación Pedrosa Ulloa e foi pai de Ramón e Blanca Neira Pedrosa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 6-9-1932, p. 5.
  2. El Ideal Gallego, 18-9-1932, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pardo de Neyra, Xulio (2001): Dositeo de Neyra y Gayoso (1841-1932), paradigma da fidalguía galega na política da Galicia Liberal da Restauración. Traballo de investigación Universidade de Santiago de Compostela.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]