Donato Fuejo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDonato Fuejo
Nome orixinal(es) Donato Fuejo Lago Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1926 Editar o valor em Wikidata (97 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
5 de novembro de 1982 – 26 de outubro de 1984 – José Domingo Gómez Castallo →

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputado no Congreso dos Deputados
20 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Substituto na Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa
Representa: España

23 de xaneiro de 1978 – 1 de abril de 1983
Deputado no Congreso dos Deputados
4 de xullo de 1977 – 2 de xaneiro de 1979

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Cádiz
Universidade de Sevilla Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsIgnacio Fuejo Lago Editar o valor em Wikidata

Donato Fuejo Lago, nado en Vigo o 27 de outubro de 1926, é un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou os estudos de Medicina nas universidades de Cádiz e Sevilla, licenciándose con Premio Extraordinario e doutorándose como especialista en pulmón e corazón. O seu pai foi un dos primeiros médicos españois que estudaron na Universidade Harvard cunha bolsa da Fundación Rockefeller.

Foi Xefe clínico do Hospital Universitario de la Paz e participou no primeiro transplante de corazón que se realizou en España xunto a Cristóbal Martínez Bordiú e Vital Aza.

Tivo os seus primeiros contactos coa actividade política durante a década de 1950 ao coñecer a Enrique Tierno Galván, integrándose no Partido Socialista Popular (PSP) (denominado entón Partido Socialista do Interior) e sendo un dos fundadores da Xunta Democrática. Precisamente, a convocatoria dunha rolda de prensa da Plataforma levouno a Carabanchel durante un tempo.

Nas primeiras eleccións democráticas celebradas en 1977 foi un dos tres deputados elixidos pola circunscrición electoral de Madrid na candidatura do PSP-Unidade Socialista, xunto a Tierno Galván e Raúl Morodo. Membro do Grupo Mixto do Congreso, participou de forma moi activa nas reunións e negociacións para a elaboración da Constitución Española de 1978. Despois da fusión entre o PSP e o Partido Socialista Obreiro Español, volveu ser elixido deputado, agora nas listas do PSOE pola circunscrición de Madrid na primeira e II lexislatura. Foi membro da Executiva Federal do PSOE. Foi nomeado Vicepresidente da Organización Mundial da Saúde, cargo do que dimitiu pouco tempo despois. Ocupou a presidencia da Comisión do Defensor do Pobo no Congreso dos Deputados e foi elixido vogal do Consello de Seguridade Nuclear, onde pasou a ser o seu presidente desde 1987 a 1994.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]