Prefecturas de Grecia
As prefecturas, tamén denominadas nomos (en grego νομός, nomós; pl. νομοί, nomoí), foron a principal división administrativa de Grecia entre 1833 e 1836, e de novo entre 1845 e 2010, cando foron abolidas polo plan Calícrates e substituídas polas unidades periféricas.
Son denominadas departamentos segundo a norma ISO 3166-2:GR e o Grupo de expertos en nomes xeográficos das Nacións Unidas.[1]
As prefecturas eran a división administrativa de segundo grao do goberno local e estaban agrupadas en 13 periferias ou (antes de 1987) 10 departamentos xeográficos, e á súa vez divididas en provincias, municipios e comunidades.
Convertéronse en entes autónomos en 1994, cando tiveron lugar as primeiras eleccións prefecturais. Anteriormente, os prefectos eran nomeados polo Goberno. En 2010 o seu número era de 51 e, ao comprender a prefectura de Atenas máis dun terzo da poboación do país, subdividiuse en catro "divisións prefecturais" (en grego νομαρχία nomarquía, pl. νομαρχίες nomarquíes). Ademais, creáronse tres "superprefecturas" (en grego υπερνομαρχία, hipernomarquía; pl. υπερνομαρχίες hipernomarquíes) que controlaban dúas ou máis prefecturas.
Coa entrada en vigor do plan Calícrates o 1 de xaneiro de 2011, as prefecturas abolíronse. Moitas, especialmente as do continente, mantiveron a mesma extensión ao seren convertidas en unidades periféricas (en grego περιφερειακή ενότητα, perifereiaké enóteta; pl. περιφερειακές ενότητες perifereiakés enótetes), e mantivéronse dentro das mesmas periferias, ás que se traspasaron boa parte dos poderes das antigas prefecturas.[2]
Prefecturas existentes no momento da súa abolición
[editar | editar a fonte]A periferia de Ática comprendía as seguintes prefecturas:
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Administrative Division of Greece" (PDF). Working Paper N° 95. Nova York: United Nations Group of Experts on Geographical Names. 2000.
- ↑ "Texto completo del plan Calícrates" (PDF). Diario Oficial de Grecia (en grego). 11 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xuño de 2018. Consultado o 14 de febreiro de 2012.