Dodge (automoción)
Dodge | |
---|---|
Tipo | fabricante de automóbiles, división, empresa de capital aberto, marca comercial, marca de automóbiles, marca rexistrada e negocio |
Área de operación | América do Norte, América do Sur, Europa, Oriente Medio, Angola, Exipto, Brunei e Filipinas |
Data de fundación | 1900 |
Data de disolución | 1928 |
Fundador(es) | John Francis Dodge e Horace Elgin Dodge |
Nomeado en referencia a | John Francis Dodge e Horace Elgin Dodge |
Organización matriz | Chrysler |
Sede | Auburn Hills |
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
https://www.dodge.com/ e https://www.dodge.ca | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Dodge é un fabricante estadounidense de automóbiles, SUV e camións. Teñen a súa sede en Auburn Hills, Míchigan. É propiedade de Stellantis.
Historia
[editar | editar a fonte]Dodge foi creado polos irmáns Horace e John Dodge en 1900. Dodge foi vendido a Chrysler en 1928. A mediados do século XX Dodge produciu automóbiles en diversos estados, entre eles España ou Brasil. Nese país latinoamericano foi inaugurado un museo sobre os modelos producidos alí.[1]
En 2010, Dodge anunciou que escindiría a división Ram, converténdoa na súa propia marca.
Versión de Barreiros do Dodge Dart
[editar | editar a fonte]Desde 1965 a 1977 unhas versións do Dodge Dart foron fabricadas na fábrica Barreiros de Villaverde. Un total de 17 589 unidades foron fabricados en España.
En 1969 os irmáns Barreiros cederon o control da fábrica a Chrysler debido ás malas vendas, pero a compañía americana deixou un gran número de partes non utilizadas dos Dart acumulándonse na fábrica.
O Dodge Dart GL era un modelo básico,[2] e o Dodge Dart GT era a versión "deportiva",[3] unha versión posterior foi o Dodge 3700 GT,[4] o "3700" do nome é un número de referencia aos 3,7 litros de desprazamento.
Todos os Dart tiveron o maior motor de gasolina xamais montado nunha produción masiva de coches en España nesa época, o Chrysler Slant 6 225 in³.
Unha versión Diésel do Dart, chamada Barreiros Diésel fabricouse tamén nese tempo,[5] este modelo era moi básico, con luces traseiras parecidas ás da primeira xeración do Simca 1000.
A produción dos Dart españois finalizou en 1977. Peugeot comprou a fábrica de Villaverde, así como as operacións europeas de Chrysler en España, Francia e o Reino Unido.
A partir de 1970 moitos Dodge Dart que servían como coches oficiais foron vendidos, aínda que quedaron uns poucos en servizo. O atentado a Luis Carrero Blanco do 20 de decembro de 1973 foi realizado mentres viaxaba no seu Dodge Dart 3700 GT.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Uma volta pelo incrível Museu do Dodge no Brasil". Quatro Rodas (en portugués). Consultado o 2022-12-29.
- ↑ Dodge Dart GL
- ↑ Dodge Dart GT
- ↑ Dodge 3700 GT
- ↑ Dodge Dart Diesel
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dodge |