Discurso secreto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Secretario Xeral do PCUS Nikita Khrushchev realizou o discurso durante o 20º Congreso partidario.

O chamado discurso secreto, cuxo nome oficial é sobre do culto á personalidade e ás súas consecuencias, é unha famosa intervención do líder soviético Nikita Khrushchev durante o 20º Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética, o 25 de febreiro de 1956. Neste denuncianse os crimes de Stalin e a represión durante a chamada Gran Purga nos anos anteriores á segunda guerra mundial.

Este discurso significou o rompemento da liña oficial do partido dos postulados reflectidos no chamado stalinismo, dunha maneira que intentase volver de regreso ao PCUS ao seu leninismo oficial e inicial, instaurando o repudio contra o culto á personalidade.

O seu nome é debido á sesión na cal foi pronunciado, xa que era unha sesión reservada na cal non participaron os invitados estranxeiros do Congreso. Ademais o seu texto orixinal só foi publicado na súa totalidade na gaceta oficial do Comité Central do partido o 3 de marzo de 1989, como produto da apertura realizada por Gorbachov no proceso coñecido como glásnost.

Estrutura do discurso[editar | editar a fonte]

A estrutura parcial do discurso é a seguinte:

  • Denuncia do culto a Stalin.
    • Citas dos textos clásicos de marxismo-leninismo polos que se ataca ao culto ao individuo.
    • Citas do testamento de Lenin e de escritos de Nadezhda Krupskaya nos cales se ataca ao carácter de Stalin.
    • Antes de Stalin a disputa ideolóxica co Trotskismo era netamente intelectual, e el foi o que introduce o concepto de "inimigo do pobo".
    • Violación por parte de Stalin das normas sobre o liderado colectivo.
      • Represión contra os "vellos bolcheviques" e os delegados ao XVII Congreso. Dos 1.966 delegados, 1.108 foron acusados de ser contrarevolucionarios, sendo executados 848 deles. Dos 139 membros e candidatos ao Comité Central, 98 foron declarados "inimigos do pobo".
      • Despois da brutal represión, Stalin deixa de considerar as opinións colectivas.
    • Exemplos da represión stalinista:
      • Creación de probas falsas para acusar aos seus inimigos.
      • Esaxeración do seu rol durante a Gran Guerra Patriótica.
      • Deportación das nacionalidades.
      • Complot dos doutores
      • Creación de pinturas, cancións etc. para gabanza ao líder.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]