Saltar ao contido

Arquidiocese católica latina de Lviv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Arquidiocese latina de Lviv»)
Modelo:Xeografía políticaArquidiocese católica latina de Lviv
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 49°50′27″N 24°01′50″L / 49.8408, 24.0306
Poboación
Poboación5.864.000 (2019) Editar o valor en Wikidata (86,24 hab./km²)
Lingua usadalingua ucraína Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie68.000 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1361 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
CatedralLatin Cathedral (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webrkc.lviv.ua Editar o valor en Wikidata
Twitter: lviv_rkc Editar o valor en Wikidata
Procesión católica latina en Lviv.

A arquidiocese de Lviv dos latinos (en latín Archidioecesis Leopolitana Latinorum) é unha sé metropolitana católica latina. En 2004 tiña 154.000 bautizados dun total de 5 000 000 habitantes. O seu arcebispo, dende 2008, é Mieczysław Mokrzycki.

Cronoloxía

[editar | editar a fonte]
  • 1361 - Erixida a Diocese de Halych/Halicz (Haliciensis), con sé en Halych.[1][2]
  • 1375 - Elevada a Arquidiocese Metropolitana de Halych/Halicz (Haliciensis)
  • 1414 - Sé transferida, Arquidiocese Metropolitana de Lviv (Leopolitanus Latinorum)

A metrópole de Halych

[editar | editar a fonte]

Non antes do 1361 fora erixida a diocese de Halych ou Halicz. O 8 de abril de 1363 o papa Urbano V escribiu ao bispo de Gniezno para insistirlle en que o rei Casimiro III de Polonia debería construír unha catedral na cidade de Lviv, que tiña sido tomada recentemente ao Imperio Ruso, cuxa Igrexa estaba en cisma.

Porén, cartas de Gregorio XI con data do 13 de febreiro de 1375 mencionan aínda á arquidiocese metropolitana de Halich, que tiña como sufragáneas ás dioceses de Przemyśl, Włodzimierz, Chełm, Kamyanets, Lviv e Kíiv, e que xunto a elas constituía a metrópole de Halych.

Traslado da sé a Lviv

[editar | editar a fonte]

Non foi até o 28 de agosto de 1412 (outras fontes dan decembro de 1414), coa bula «In eminenti specula» do antipapa Xoán XXIII, que a sé arquiepiscopal de Halyč foi trasladada a Lviv, unindo as dúas dioceses baixo o nome da segunda.[3]

Século XX

[editar | editar a fonte]

O 28 de outubro de 1925, coa bula «Vixdum Poloniae unitas» do papa Pío XI foron reorganizadas as circunscricións eclesiásticas polacas de rito latino, e a arquidiocese de Lviv pasa a ter como sufragáneas as dioceses de Przemyśl e de Lutsk.

O 5 de xuño de 1930 a arquidiocese cedeu o territorio da Bucovina romanesa á diocese de Iaşi, e en 1991 cedeu novamente territorio para a erección da diocese de Zamość-Lubaczów

Episcopoloxio

[editar | editar a fonte]

Bispos de Halych

[editar | editar a fonte]

Arcebispos de Halych

[editar | editar a fonte]

Arcebispos de Lviv

[editar | editar a fonte]

Notas e referencias

[editar | editar a fonte]
  1. Catholic Encyclopedia (ed.). "Lemberg - Latin archbishopric" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2014. 
  2. Charles George Herbermann, Edward Aloysius Pace (1950). Appleton, ed. The Catholic Encyclopedia: Laprade-Mass IX. p. 145. 
  3. Pódese atopar dita bula na seguinte obra: Bullarum diplomatum et privilegiorum sanctorum Romanorum pontificum Taurinensis editio (en latín) IV. 1859. pp. 658–660.  Libro dixitalizado

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]