Dinastía Pahlavi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira da dinastía Pahlavi

A dinastía Pahlavi (en persa: سلسله پهلوی) é a derradeira dinastía real iraniana, gobernando durante case 54 anos entre 1925 e 1979. A dinastía foi fundada por Reza Shah, un soldado mazanderaní [1][2]. A dinastía tomou o nome da lingua pahlavi que se falaba no Imperio sasánida preislámico para reforzar as súas credenciais nacionalistas.[3] [4]

Orixes[editar | editar a fonte]

A dinastía foi fundada por Reza Shah. O seu pai era un mazanderaní[5] comisionado no 7º Rexemento Savadkuh, e serviu no asedio de Herat en 1856.[6] A súa nai era unha inmigrante musulmá xeorxiana de Xeorxia (daquela formaba parte do Imperio Ruso).[7]

Historia[editar | editar a fonte]

O réxime Pahlavi establecido por Reza Shah foi un réxime laico, nacionalista, militarista e anti-comunista.[8] Aínda que el mesmo tiña orixe no Mazandarán, o seu goberno levou a cabo unha ampla política de persización tentando crear unha nación única, unida e en gran parte homoxénea, semellante á política de turquificación de Mustafa Kemal Atatürk en Turquía tras a caída do Imperio Otomán. Despois do Reza Shah, o seu fillo Mohammad Reza Shah tomou o seu lugar.

Na segunda guerra mundial[editar | editar a fonte]

Despois da invasión nazi da Unión Soviética (operación Barbarossa) en xuño de 1941, Gran Bretaña e a URSS convertéronse en aliados. Viron no recentemente inaugurado ferrocarril Trans-Iraniano unha ruta atractiva para transportar subministracións desde o Golfo Pérsico até a Unión Soviética. En agosto de 1941, coa negativa de Reza Shah a expulsar cidadáns alemáns, a Gran Bretaña e a Unión Soviética invadiron Irán, arrestaron ao Sha e enviárono ao exilio, tomando o control das comunicacións e do ferrocarril de Irán.

En 1942 os Estados Unidos, un aliado de Gran Bretaña e da URSS durante a guerra, enviaron unha forza militar a Irán para axudar a manter e operar seccións do ferrocarril. Durante os próximos meses, as tres nacións tomaron o control dos recursos petrolíferos de Irán e aseguraron un corredor de subministración.

O réxime de Reza Shah derrubouse e as autoridades estadounidenses, británicas e soviéticas limitaron os poderes do goberno que quedaban. Permitiron ao fillo de Reza Shah, Mohammad Reza Pahlavi acceder ao trono. Finalmente, a dinastía chegou ao seu fin coa revolución iraniana.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "EnWik > Pahlavi dynasty". EnWik (en inglés). Consultado o 2022-03-22. 
  2. "Iran - Amanat Abbas Amanat - shakes.cz books". www.shakes.cz. Consultado o 2022-03-22. 
  3. "سندی نویافته از نیای رضاشاه" (PDF). د۲،س ۱،ش۴. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de febreiro de 2021. Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  4. "9781780837628: Reza Shah - AbeBooks - Zibakalam, Sadegh: 1780837623". www.abebooks.co.uk (en inglés). Consultado o 2022-03-22. 
  5. AGHAIE, KAMRAN SCOT (2004). The Martyrs of Karbala: Shi'i Symbols and Rituals in Modern Iran. University of Washington Press. ISBN 978-0-295-98448-3. 
  6. Abrahamian, Ervand (2000-04-01). "Cyrus Ghani. Iran and the Rise of Reza Shah: From Qajar Collapse to Pahlavi Rule. London: I. B. Tauris. 1998. Pp. xiv, 434. $45.00". The American Historical Review 105 (2): 652–652. ISSN 0002-8762. doi:10.1086/ahr/105.2.652. 
  7. "The Life and Times of the Shah, by Gholam Reza Afkhami". www.biblio.com (en inglés). Consultado o 22-3-2022. 
  8. Michael P. Zirinsky (1992). Imperial Power and Dictatorship: Britain and the Rise of Reza Shah, 1921-1926. International Journal of Middle East Studies 24. Cambridge University Press. pp. 639–663.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mohammad Réza Pahlavi, le dernier shah (1919-1980). Yves Bomati et Houchang Nahavandi, Paris, Perrin, 3 xaneiro de 2013, 230 p. (ISBN 978-2-262-03587-7)

Outros artigos[editar | editar a fonte]