Dinain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°29′35″N 8°11′14″O / 43.4930994, -8.1872576

DINAIN

Oficinas de Dinain en Narón.
TipoSociedade Limitada
Fundación1991
MatrizCT Ingenieros
LocalizaciónAvda do Mar 127, Polígono da Gándara, 15570 Narón, A Coruña Galicia Galiza
FundadorLuis Fernández
Persoas claveAlberto Fernández (xerente)
IndustriaNaval
ProdutosDeseño naval
Número de empregados85 en Narón e 20 en Cartagena
editar datos en Wikidata ]

Dinain (Diseño Naval e Industrial S.L) é unha empresa do sector do deseño naval e industrial con sede en Narón, no polígono da Gándara. A empresa iniciouse no deseño naval traballando para Astano.

Deseño naval[editar | editar a fonte]

Traballa con programas de CAD como AutoCAD, MicroStation, Autohydro, SolidWorks, Ansys Workbench, FORAN (V40, V50.2 e V60), Aveva Marine, Smart Marine, Autoship ou Delftship.

A empresa deseña todo tipo de buques para pasaxe e mercadorías, gaseiros, petroleiros, dragas, remolcadores, plataformas offshore, buques de apoio a barcos plataforma (FPSO, DRILLSHIP, AHTS, PSV, OSRV) e buques militares.

Teñen traballado na serie F-100 para a Armada Española, F-310 para Noruega e destrutores AWD australianos. Deseño de buques anfibios Juan Carlos I (L-61) da Armada Española, ALHD para Royal Australian Navy. Submarinos programas Scorpène e S-80 ou buques de apoio loxístico Cantabria (A-15) e australianos.

Clientes[editar | editar a fonte]

Accionariado[editar | editar a fonte]

En 2014 a empresa de Madrid CT Ingenieros mercou o 80% de Dinain.[1] En 2016 mercou o 100% da empresa.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Una multinacional comprará el 80 % del accionariado de Dinain lavozdegalicia.es
  2. "CT Ingenieros se hace con el 100% de la ingeniería ferrolana Dinain". Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2017. Consultado o 26 de decembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]