FORAN

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
FORAN
Logo Sistema FORAN.jpg
Desenvolvedor(es)SENER Ingeniería y Sistemas, S.A.
Última versiónFORAN V80
(decembro de 2012[1])
Sistema operativoWindows
TipoCAD/CAM 3D
LicenzaPropietaria
Sitio webwww.marine.sener/es/foran

FORAN (as iniciais en castelán de «Formas Analíticas») é un programa informático CAD/CAM/CAE para o deseño de buques e o sector naval da empresa SENER de Bilbao.

Historia[editar | editar a fonte]

As orixes da empresa están en 1956 cando o enxeñeiro naval Enrique de Sendagorta funda SENER, primeira enxeñería española independente e allea aos estaleiros e ao sector militar e ás súas escolas de aprendices. Con sede en Bilbao, Sener céntrase na execución de proxectos navais dende as súas orixes[2], entón a empresa tiña 18 empregados, case todos delineantes. Hoxe a empresa ten máis de 1.000 traballadores.

En 1967 Sener presenta FORAN. Posiblemente o primeiro sistema mundial para facer os cálculos das formas de buques. Ata entón facían falta meses para presentar os planos de detalle construtivo e cálculos, todo feito a man. O programa fíxose con recursos propios, cun IBM 1130 e un plotter. O proxecto iniciouse con 12 millóns de pesetas de Sener e outros 50.000 dólares achegados por Litton Systems Incorporated, unha contrata da Armada dos Estados Unidos de América.

Foran forma parte dun grupo de empresas liderado por Sener Ingeniería y Sistemas S.A e ITP.

Información de Elaboración de Perfiles, Sistema Foran V30 deseño para produción.

FORAN[editar | editar a fonte]

FORAN é empregado por máis de 150 oficinas técnicas e estaleiros de 30 países no deseño de todo tipo de buques. O sistema FORAN está baseado en módulos independentes para o deseño das distintas partes dos buques.

Os subsistemas FORAN están deseñados para:

  • FORAN Deseño Inicial (formas do buque e características)
  • FORAN Estrutura (materiais e enxeñería)
  • FORAN Maquinaria e Armamento (equipamento)
  • FORAN Deseño Eléctrico (cabreado e maquinaria)
  • FORAN Drafting & Mechanical. CAD (planos construtivos)

Estes módulos compleméntanse con outros como a realidade virtual. Deseño e visionado en 3D do buque o que permite ver como será o buque no proceso de deseño e a súa construción. SENER vende as licenzas do programa xunto ca formación dos técnicos que o empregarán. Esa formación faise tanto nas súas oficinas como nas dos seus clientes. Actualmente o programa funciona baixo Windows baixando moito os requirimentos de hardware que tiña nos anos 1990 cando empregaba ata chaves de hardware para evitar a súa copia. Nos inicios o programa estaba só dispoñible en inglés e toda a documentación era nesa lingua. Tampouco existía documentación técnica nin información do programa proporcionada por empresas alleas a SENER.

O programa pode intercambiar datos en múltiples formatos: DWG, DXF, IGES, STEP, VDA, VRML e XML.

Clientes[editar | editar a fonte]

Histórico de versións FORAN
Ano Nome Características
1965 V1 Uso interno de Sener
1969 V4 Primeiro Cliente, E.N. Bazán
1973 V6 Primeiro cliente internacional Flag of the United Kingdom.svg
1987 V20 Deseño 3D
1993 V30 Deseño de estrutura e equipamento
1997 V40 Versión para Windows
2000 V50 Novo Kernel Oracle RDBMS
2005 V60 Deseño colaborativo
2010 V70 64 bits
2015 V80 V80R2
Fonte: Ingenieros Navales[3]

Foran é empregado en España por empresas como[4]:

  • Navantia
  • Gondán (Asturias)
  • Abance
  • Construcciones Navales del Norte
  • Aries
  • Ghenova
  • Seaplace
  • Dinain (Galiza)
  • Ministerio de Defensa (Armada Española)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alejando Gándara. Sener, la historia de su tiempo 1956-2006.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]