Dichen Lachman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dichen Lachman
Dichen Lachman T1.JPG
Nacemento22 de febreiro de 1982
LugarKatmandú
NacionalidadeAustralia
Educada enUniversidade de Adelaide
Profesiónactriz e actriz de cinema
Na rede
IMDB: nm1901842 Allocine: 143673 Allmovie: p465145
Twitter: Dichenlachman Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Dichen Lachman (en tibetano: བདེ་ཆེན།), nada en Katmandú o 22 de febreiro de 1982,[1] é unha actriz australiana, de ascendencia alemá e tibetana. Apareceu na serie Veciños interpretando a Katya Kinski, así como na serie de ciencia ficción creada por Joss Whedon Dollhouse, interpretando a personaxe de Sierra. Lachman intepretou a Suren no remake estadounidense Being Human. Lachman protagonizou o filme de 2014 Lust for Love e tivo un papel recorrente en Agents of S.H.I.E.L.D. como Jiaying. Lachman protagoniza o papel de Reileen Kawahara na serie de Netflix Altered Carbon, que foi estreada o 2 de febreiro de 2018.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lachman (བདེ་ཆེན།) naceu en Katmandú, onde viviu até os oito anos de idade. Mudouse a Adelaida, Australia a finais da década de 1990 coa súa familia. A súa nai é tibetana e o seu pai é australiano de ascendencia alemá.[2] Asistiu á escola primaria West Lake, á Gilles Street, ó instituto Norwood Morialta, ó St Mary's College, ó Annesley College e á Universidade de Adelaida. Lachman mudouse ós Ánxeles pouco despois de rematar o drama Veciños en 2007.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Whedonesque.com, ed. (22 de febreiro de 2013). "Happy Birthday, Dichen Lachman!". Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2013. Consultado o 31 de marzo de 2013. 
  2. Topel, Fred (5 de maio de 2009). CraveOnline, ed. "Dichen Lachman on Dollhouse". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2012. Consultado o 31 de marzo de 2013. 
  3. "Dichen Lachman Interview". Syfy UK blog. 11 de decembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 25 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]