Deserto da Tatacoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 3°14′2″N 75°10′17″O / 3.23389, -75.17139

Deserto da Tatacoa.

O Deserto da Tatacoa é a segunda zona árida máis extensa de Colombia despois da península de La Guajira, é un dos escenarios naturais máis atractivos de Colombia, de terra de cor ocre e gris con trazos do verde dos cactos. O Deserto da Tatacoa ten dúas cores características: ocre no sector do Cuzco e agrisado na zona dos Hoyos.

A Tatacoa ou o Val das Tristezas, como a chamou en 1538 o conquistador Gonzalo Jiménez de Quesada, polos rastros de deterioración que notou no seu territorio, non é xustamente un deserto, senón un bosque seco tropical. O seu nome “Tatacoa” tamén llo atribuíron os españois, referíndose ás serpes Crotalus e non, como se podería pensar, ás culebras inofensivas de cor negra. Como o revelan os científicos, a Tatacoa durante o Período terciario foi un xardín con miles de flores e árbores que ós poucos foi secando até converterse nun deserto.

Esta rexión semiárida que se atopa no norte do departamento do Huila, a 38 quilómetros da cidade de Neiva e a 10 quilómetros de Natagaima no Tolima. É un rico xacemento de fósiles e gran destino turístico.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]