Saltar ao contido

Derry Girls

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Derry Girls
FormatoComedia adolescente
Comedia negra[1][2][3]
Creado porLisa McGee
Desenvolvido porHat Trick Productions
Dirixido porMichael Lennox
Intérpretes
Tema de apertura
Tema de peche"Dreams" de the Cranberries
País de orixeReino Unido Reino Unido
Lingua(s)Inglés
Temporadas3
Episodios19
Produción
CámaraUnha cámara
Duración22–45 minutos
Emisión orixinal
Canle de orixeChannel 4
Formato de imaxeHDTV 1080i
Primeiro episodio4 de xaneiro de 2018
Derradeiro episodio18 de maio de 2022
Na rede
https://www.channel4.com/programmes/derry-girls
IMDB: tt7120662 Filmaffinity: 920710 Allocine: 21313 Rottentomatoes: tv/derry_girls
Twitter: derry_girls Netlix: 80238565 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Derry Girls é unha serie de televisión británica, creada e escrita por Lisa McGee e estreada o 4 de xaneiro de 2018 a través de Channel 4.[4] É a comedia máis exitosa da canle dende Father Ted, e está inspirada nas propias experiencias de McGee crecendo en Derry na década de 1990, durante os anos finais do conflito de Irlanda do Norte.[5] Está protagonizada por Saoirse-Monica Jackson, Louisa Harland, Nicola Coughlan, Jamie-Lee O'Donnell e Dylan Llewellyn, no papel de cinco adolescentes que viven no Derry de mediados de 1990 e asisten ao Instituto Our Lady Immaculate, un instituto de secundaria ficticio baseado no real Thornhill College, onde estudou McGee.[6][7] Foi producida pola compañía británica Hat Trick Productions, e foi rodada en Irlanda do Norte, sendo rodadas a maioría das escenas en Derry e algunhas en Belfast.

Derry Girls está ambientada na vida de catro adolescentes de Derry, Irlanda do Norte, e un de Londres na década de 1990 que estudan nun colexio feminino de monxas católicas. A protagonista é Erin Quinn, unha moza ambiciosa e sarcástica, e o resto do grupo está formado pola súa curmá Orla, as súas amigas Claire e Michelle, e o primo inglés desta última, James. Erin vive na mesma casa cos seus pais, o seu avó materno, a súa tía e a súa curmá.

A historia desenvólvese nos anos 90 e está marcada polo final do conflito de Irlanda do Norte, que tivo en Derry a un dos seus máis tristes protagonistas: a cidade estivo tradicionalmente dividida entre barrios católicos —quen a chaman Derry— e protestantes —Londonderry—, e foi foco de conflitos como a batalla do Bogside (1969) ou o Domingo Sanguento (1972).[8] A pesar diso, a maioría das historias están relacionadas coa adolescencia e a transición cara á madurez.[9] A propia autora, Lisa McGee, é norteirlandesa e baseouse na súa infancia para perfilar a maioría das historias.[10]

O elenco protagonista está formado por xente que xa interpretara algúns papeis en series británicas e irlandesas, mentres que os secundarios son defendidos por xente con experiencia. Entre eles cabe destacar a Ian McElhinney (Game of Thrones), Tommy Tiernan (The Tommy Tiernan Show), Tara Lynne O'Neill (EastEnders) e Ardal O'Hanlon (Father Ted).[11][12]

Elenco e personaxes

[editar | editar a fonte]

Episodios

[editar | editar a fonte]
Tempada Episodios Emisión orixinal
Inicio Final
1 6 4 de xaneiro de 2018 8 de febreiro de 2018
2 6 5 de marzo de 2019 9 de abril de 2019
3 7 12 de abril de 2022[13] 18 de maio de 2022

Recepción

[editar | editar a fonte]

Derry Girls converteuse na serie de televisión máis vista en Irlanda do Norte desde que se teñen rexistros, cun 54% de cota de pantalla en termos xerais e un 64% entre o público obxectivo de 16 a 34 anos.[14] A raíz do éxito de audiencia do primeiro episodio, Channel 4 confirmou a segunda tempada e vendeu os dereitos de emisión internacional a Netflix.[15]

As valoracións da crítica especializada foron positivas en termos xerais.[16] O diario The Guardian valorou a súa autenticidade, a súa visión da adolescencia, e a súa capacidade para explicar o día a día da sociedade norteirlandesa, cos mesmos soños e preocupacións que o resto do país.[14]

A serie foi galardoada como «mellor comedia» nos Premios da Televisión Irlandesa de 2018 e nos da Royal Television Society de 2019.[17]

  1. Power, Ed (4 de xaneiro de 2018). "Derry Girls, episode 1 review: as much a black comedy about the Troubles as a teenage nostalgia fest". The Daily Telegraph. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2019. Consultado o 11 de novembro de 2019. 
  2. Lanigan, Michael (4 de xaneiro de 2018). "Tommy Tiernan's new Channel 4 comedy is a must-watch for anyone staying in tonight". Joe. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2018. Consultado o 11 de novembro de 2019. 
  3. Bain, Jennifer (2 de xullo de 2019). "From the Troubles to teen angst: Derry Girls helps Northern Ireland city tell a new story". The Globe and Mail. Arquivado dende o orixinal o 3 de xullo de 2019. Consultado o 11 de novembro de 2019. 
  4. "Weekly top 30 programmes". Broadcasters' Audience Research Board. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2018. 
  5. Faruqi, Osman (17 de maio de 2020). "Derry Girls: criminally underrated Irish sitcom fuses hilarity with political heft". The Guardian. Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2022. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  6. "Derry Girls: Father Ted meets The Inbetweeners". The Irish World. 11 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2018. 
  7. McClements, Freya (3 de febreiro de 2018). "Real-life Derry Girls: 'The nuns are gone but the pupils are the same'". The Irish Times. Arquivado dende o orixinal o 1 de decembro de 2020. Consultado o 15 de xaneiro de 2022. 
  8. McGreevy, Ronan. "How the Troubles began: a timeline" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2019. 
  9. Thompson, Rachel. "'Derry Girls' helped me understand my parents' experience growing up during The Troubles" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2019. 
  10. Ganatra, Shilpa (13 de febreiro de 2018). "How Derry Girls became an instant sitcom classic". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 26 de agosto de 2019. 
  11. "Tommy Tiernan’s new Channel 4 comedy is a must-watch for anyone staying in tonight" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2019. 
  12. "Ardal O'Hanlon to guest star in Derry Girls series 2" (en inglés). Consultado o 26 de agosto de 2019. 
  13. Fear, Helen (28 de marzo de 2022). "Derry Girls season 3 start date – when does Channel 4 comedy return?". Entertainment Daily. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2022. Consultado o 29 de marzo de 2022. 
  14. 14,0 14,1 "'Stall the ball!' - Derry Girls has become Northern Ireland's biggest series ever". Belfast Telegraph. 21 de febreiro de 2018. Consultado o 30 de marzo de 2018. 
  15. "Netflix Picks Up British Comedy "Derry Girls" Internationally". 25 de novembro de 2018. 
  16. Ellen, Barbara (11 de febreiro de 2018). "The week in TV: Derry Girls; Endeavour; James Bulger: A Mother's Story and more – review". Consultado o 12 de febreiro de 2018. 
  17. "IFTA | Irish Film & Television Academy | Irish Film & Television Awards". Consultado o 12 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]