The Cranberries

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
The Cranberries
The Cranberries en Barcelona 8.jpg
A banda en Barcelona no 2010
Orixe Ballybricken, Limerick, Irlanda Flag of Ireland.svg
Período 1989 - 2003
2009 - presente
Xénero(s) rock alternativo
Selo(s) discográfico(s) Interscope, Island
Membros Dolores O'Riordan
Noel Hogan
Mike Hogan
Fergal Lawler
Antigos membros Niall Quinn
Páxina web http://www.cranberries.com/

The Cranberries é unha banda irlandesa de rock fundada en Limerick en 1989 baixo o nome The Cranberry Saw Us polos irmáns Mike (baixo) e Noel (guitarra) Hogan xunto co batería Fergal Lawler e a cantante Niall Quinn , posteriormente substituída por Dolores O'Riordan. Tivo bastante popularidade durante os anos 90 e separouse no ano 2003. Dende entón os seus membros seguiron carreiras en solitario. A banda vendeu ao redor duns 43 millóns de discos en todo o mundo. Aínda que asociada co rock alternativo, o son da banda inclúe tamén elementos do indie pop, post-punk, folk irlandés e pop rock.[1]

The Cranberries acadaron a fama internacional xa co seu álbum de estrea, Everybody Else Is Doing It, So Why Can't We?, que foi un éxito comercial ao vender uns cinco millóns de discos só nos Estados Unidos.[2] A banda sería un dos grupos de rock con máis éxito da década, vendendo só nese país ao redor dos 15 millóns de discos. The Cranberries tivo catro álbums top 20 na lista Billboard 200 (Everybody Else Is Doing It, So Why Can't We?; No Need to Argue; To the Faithful Departed e Bury the Hatchet[3]) e oito sinxelos top 20 na lista Modern Rock Tracks ("Linger", "Dreams", "Zombie", "Ode to My Family", "Ridiculous Thoughts", "Salvation", "Free To Decide" and "Promises").[3]

A principios de 2009, tras unha paréntese de seis anos, The Cranberries reuníronse de novo e comezaron unha xira por Norteamérica, seguida de actuacións en Latinoamérica e Europa.[4][5] O grupo gravou o seu sexto álbum Roses en maio de 2011 e publicouno en febreiro de 2012. Something Else, que versionaba cancións anteriores coa Irish Chamber Orchestra, publicouse en abril de 2017.[6]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Everybody Else Is Doing It, So Why Can't We? 1993 Island Records
No Need to Argue 1994 Island Records
To the Faithful Departed 1996 Island Records
Bury the Hatchet 1999 Island Records
Wake Up and Smell the Coffee 2001 MCA
Roses 2012 Downtown
Something Else 2017 BMG

Álbums ao vivo[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "The Cranberries – Band". Arquivado dende o orixinal o 14 April 2011. Consultado o 29 de abril de 2011. 
  2. "Gold & Platinum Searchable Database". Recording Industry Association of America. Consultado o 1 January 2013.  If necessary, click Advanced, then click Format, select Album and click SEARCH.
  3. 3,0 3,1 "American Chart". Billboard.com. Arquivado dende o orixinal o 1 de agosto de 2008. Consultado o 24 de xuño de 2008. 
  4. "The Cranberries Reunite After Six Years". SPIN.com. Consultado o 12 de novembro de 2009. 
  5. "CRANBERRIES HIT SOUTH AMERICA!/FIRST OFFICIALLY ANNOUNCED TOUR DATE FOR EUROPE!". Dolores O'Riordan. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2009. Consultado o 24 de decembro de 2009. 
  6. "The Cranberries Announce New Acoustic Album Something Else, Share “Linger”: Listen". Pitchfork. 14 de marzo de 2017. Consultado o 23 de marzo de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]