Dereito de propiedade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O dereito de propiedade é a área do dereito que atende ás diversas formas de propiedade e tenencia no sector inmobiliario (a terra diferenciada das posesións persoais e mobles) e da propiedade persoal, dentro do sistema legal de dereito anglosaxón. No sistema de dereito civil, hai unha división entre a propiedade moble e inmoble. A propiedade moble corresponde coa propiedade persoal, mentres que a propiedade inmoble corresponde á propiedade real, e ós dereitos e obrigacións asociados a ela.

O concepto, a idea ou filosofía da propiedade subxace a todas as leis de propiedade. Nalgunhas xurisdicións, toda propiedade era posuída polo monarca e que devolvía a través de terratenentes ou outros sistemas de feudalismo, lealdade e fidelidade.

O códido civil napoleónico está entre os primeiros actos gobernamentais da modernidade en introducir a noción de propiedade absoluta nun estatuto, mentres que os dereitos de protección de propiedade persoal estaban presenten na lei islámica e na xurisprudencia da Idade Media,[1] e máis formas feudalistas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Makdisi, John (2005). Carolina Academic Press, ed. Islamic Property Law: Cases and Materials for Comparative Analysis with the Common Law. ISBN 1-59460-110-0.