Deputación Foral de Guipúscoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Deputación de Guipúscoa»)
Escudo do Territorio Histórico de Guipúscoa, 1989.

A Deputación Foral de Guipúscoa (en éuscaro: Gipuzkoako Foru Aldundia) é o órgano de goberno do territorio histórico de Guipúscoa, no País Vasco (España).

Ademais das competencias ordinarias que exercen as deputacións provinciais das restantes provincias de España, a Deputación Foral de Guipúscoa exerce competencias específicas derivadas da súa natureza como territorio histórico do País Vasco, en virtude do seu Estatuto de Autonomía.

Deputado Xeral[editar | editar a fonte]

Á fronte da Deputación Foral encóntrase un Deputado Xeral (en éuscaro: Diputatu Nagusia ou Ahaldun Nagusia), que é elixido polas Xuntas Xerais de Guipúscoa.

Deputados Xerais de Guipúscoa dende a Transición[editar | editar a fonte]

Notas

(*) Murua chegou ao cargo en 1985, a metade de lexislatura e substituíndo a Ardanza que pasou a ser lehendakari. Murua era membro do sector crítico do PNV (sector que era maioritario en Guipúscoa) e entrou como deputado xeral sendo formalmente membro do devandito partido. Ao ano seguinte integrouse en EA, partido formado polo sector crítico do PNV. Entre 1987 e 1991 Murua foi deputado xeral elixido como candidato de EA.
(**) PNV e EA acudiron coaligados ás eleccións de 2003. Txabarri é militante do PNV.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]