Saltar ao contido

Depth (videoxogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Depth
Desenvolvedor(es)Digital Confectioners
MotorUnreal Engine 3
Lanzamento2014
XéneroDisparos en primeira persoa
Modos de xogoMultixogador
Clasificación USK
Plataforma(s)Microsoft Windows
Na rede
Páxina oficial
editar datos en Wikidata ]

Depth é un videoxogo indie desenvolvido por Digital Confectioners e lanzado para Microsoft Windows no 2014. É un multixogador asimétrico que enfronta a un equipo de mergulladores cazatesouros contra tiburóns.

Modo de xogo

[editar | editar a fonte]

O xogo é un tirador en primeira persoa que ocorre nun ambiente submarino, o xogador pode xogar como mergullador ou tiburón. Os mergulladores desbloquean armas mellores coa captura de tesouros ou coa morte de tiburóns. Os tiburóns gañan novas habilidades comendo ó equipo contrario. Cada equipo ten un número limitado de reaparicións, e o primeiro en esgotalas todas perde.[1]

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

Depth comezou a produción no 2009, como un proxecto de estudos ideado como un mod de Unreal Tournament 3, e levado a cabo por un equipo liderado por Alex Quick. Entre 2010 e 2012, o xogo foi levado a UDK e converteuse nun xogo autónomo. Porén, o desenvolvemento atrancouse por mor de preocupacións por parte do equipo de produción. No 2013, Digital Confectioners retomaron o proxecto e remataron o xogo.

  1. Depth developers (3 de novembro de 2014). IndieDB, ed. "Depth". Consultado o 6 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.