Departamento de Apurímac
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Perú | ||||
| Capital | Abancay | ||||
| Contén a división administrativa | Abancay (pt) Aimarás (pt) Andahuaylas (pt) Antabamba (pt) Chincheros (pt) Grau (pt) Província de Cotabambas (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 405.759 (2017) | ||||
| Lingua usada | Lingua asháninka Língua quíchua Ayacucho (pt) Cusco quíchua (pt) Eastern Apurímac Quechua (en) Arequipa-La Unión Quechua (en) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 20.895,77 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Xefe do goberno | Wilber Venegas | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | PE-APU | ||||
Apurímac é unha das 25 rexións do Perú. A súa capital é a cidade de Abancay.
Áchase na serra sur do país, na vertente oriental da Cordilleira dos Andes. Esta rexión ten unha superficie de 20,9 mil km² e o seu territorio é un dos máis escarpados do Perú. É mollado de norte a sur por varios ríos a través de profundos canóns até a súa unión co río Apurímac nunha das profundidades maiores da rexión.
Orixe do nome
[editar | editar a fonte]O nome Apurímac provén do río homónimo que discorre polo seu límite oriental e setentrional. En quechua Apu Rimaq significa «o que fala cos señores [deuses]» ou «oráculo maior»."
Xeografía
[editar | editar a fonte]Apurímac está situado no sector sueste dos Andes centrais. Limita polo norte cos departamentos de Ayacucho e de Cuzco; polo sur con Arequipa; polo leste co departamento de Cuzco; e polo oeste co departamento de Ayacucho. A altitude media da rexión é de 2 900 msnm.
Clima
[editar | editar a fonte]Maiormente temperado, cunha temperatura media de 15 °C nos vales. Raramente neva.
Accidentes xeográficos
[editar | editar a fonte]- Ríos: Apurímac, Santo Tomás, Chumbao, Pachachaca e Pampas
- Lagoas: Hiullita en Chuquibambilla, Pacucha en Andahuaylas, Uspaccocha e Ankascocha en Abancay
- Abras: Piste (a 4.800 msnm) en Aymaraes e Antabamba; Tunapita (a 4.350 msnm) en Aymaraes; Tablacruz (a 4.340 msnm) en Abancay.
- Pongos: Apurímac (a 1.500 msnm) en Abancay e La Convención.
- Nevados: Chancohuana Chico (5.331 msnm) e Tetón (5.300 msnm).
Provincias (capital)
[editar | editar a fonte]- Abancay (Abancay)
- Andahuaylas (Andahuaylas)
- Antabamba (Antabamba)
- Aymaraes (Chalhuanca)
- Chincheros (Chincheros)
- Cotabambas (Tambobamba)
- Grau (Chuquibambilla)

