Andahuaylas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista da cidade

Andahuaylas é unha cidade peruana situada na parte occidental do departamento de Apurímac. É a capital da provincia do mesmo nome. Ten unha poboación aproximada de 34.087 habitantes (2005), sendo a segunda cidade máis grande da rexión, tras Abancay.

Foi berce da cultura chanca, conquistada por Pachacútec para o imperio do Tahuantinsuyo. En 1533 produciuse a fundación española co nome de "San Pedro de Antahualla la Grande, de la Corona".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]