Dengue (vestimenta)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paisaje con gallega (1891), cadro de Serafín Avendaño. A moza viste un dengue.

O dengue é unha peza de vestir que forma parte da indumentaria tradicional galega. Está formado por un anaco de tea que ten forma de aspa, de tal forma que ao colocarse sobre o torso, cruza o peito e os seus extremos átanse nas costas.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

Asturiana, de Joaquín Sorolla, lenzo no que pode observarse o dengue.

Pode ser liso, ou estar ricamente bordado e adornado, por exemplo con flores bordadas e aplicacións de abelorios multicolores ou prateados, dependendo da tradición da localidade concreta.[2] Era unha peza de roupa feminina tradicional no noroeste da Península Ibérica, en Galicia, Asturias e parte de León. Nalgúns lugares substitúese por un pano que vai atado ás costas.[3][4][5]

Posibelmente a orixe desta peza débese á necesidade de abrigar o peito, sen utilizar os pesados e incómodos mantóns de pano propios dos días máis fríos do inverno.[6][7]

A forma do dengue despregado é parecida a un segmento de círculo cos extremos alongados. Está ben cortado se se pode colocar sobre os ombros, cruzado no peito por diante e coas puntas nas costas, á altura da cintura. Xeralmente se coloca poñendo un imperdíbel no cruzamento do peito e outro unindo os dous extremos nas costas,[8] ou cun broche de prata ou outro metal.[2]

Pénsase que era unha peza de roupa que simbolizaba o casamento. Era habitual que as mulleres fosen soterradas co el posto, xa que casadas en vida debían continuar casadas na morte. Este é un dos motivos polos que, comparando con outras prendas, foron conservados poucos nas casas.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. dengue, 1ª acep., no dicionario da RAG.
  2. 2,0 2,1 2,2 dengue Arquivado 13 de abril de 2020 en Wayback Machine. no Dicionario da vestimenta tradicional galega. Consultado o 3 de febreiro de 2016.
  3. Traje típico de Castilla y León
  4. Indumentarias y trajes regionales asturianos. Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Consultado el 3 de febreiro de 2016
  5. Mª Felisa Santoveña Zapatero: Vestidos de Asturianos, 100 años de fotografía e indumentaria en Asturias. Departamento de Historia, Universidad de Oviedo. Consultado el 3 de xaneiro de 2016.
  6. Trajes Típicos del País Leonés. Consultado o 3 de febreiro de 2016.
  7. Enrique Borobio Crespo: La indumentaria tradicional en los inventarios de bienes.Revista de Soria, nº 56, primavera 2007. Arquivado 28 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
  8. La indumentaria tradicional de Asturias Arquivado 08 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.. Consultado o 3 de febreiro de 2016.
  9. "Teresa Astorgano (Traxandaina): "As mulleres eran soterradas co dengue, por iso hai poucos"". El Progreso de Lugo. 2021-05-14. Consultado o 2022-04-06. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]