Demografía de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Densidade de poboación en Portugal.
Gráfico de evolución demográfica en Portugal entre 1961 e 2003.

Portugal ten unha poboación étnica e culturalmente bastante homoxénea. O principal grupo étnico provén da mestizaxe dos distintos pobos que foron invadindo e emigrando á Península Ibérica, como por exemplo romanos, gregos, lígures, celtas, xermanos etc.

Evolución histórica[editar | editar a fonte]

Houbo diversos procesos migratorios no Mesolítico (probablemente unidos aos do norte de África) e no Neolítico que crearon algunhas unións con Oriente Medio, pero bastante menos que outras zonas de Europa, ademais das migracións da Idade de Cobre, de Bronce e de Ferro, que contribuíron á "indoeuropeización" da Península Ibérica (esencialmente unha "celtización") sen borrar o carácter mediterráneo no sur. A romanización, as invasións xermánicas, a presenza islámica e xudía e a escravitude subsahariana tamén tiveron un impacto na sociedade portuguesa. Todos estes procesos deixaron unha pegada máis ou menos profunda, pero existe unha base xenética de poboación relativamente homoxénea en todo o territorio portugués, do mesmo xeito que no resto da Península Ibérica: a dos primeiros homo sapiens que entraron en Europa Occidental, os cazadores-recolectores do Paleolítico.[1]

Evolución histórica da poboación de Portugal (INE, Lisboa)
Ano Total Variación Ano Total Variación
1422 1 043 274 - 1900 5 423 132 +7,4%
1527 1 262 376 +21,0% 1911 5 960 056 +9,9%
1636 1 100 000 -12,9% 1920 6 032 991 +1,2%
1736 2 143 368 +94,9% 1930 6 825 883 +13,1%
1770 2 850 444 +33,0% 1940 7 722 152 +13,1%
1776 3 352 310 +17,6% 1950 8 441 312 +9,3%
1801 2 931 930 -12,5% 1960 8 851 289 +4,9%
1811 2 876 602 -1,9% 1970 8 568 703 -3,2%
1838 3 200 000 +11,2% 1981 9 852 841 +15,0%
1849 3 411 454 +6,6% 1991 9 862 540 +0,1%
1864 4 188 410 +22,8% 2001 10 356 117 +5,0%
1878 4 550 699 +8,6% 2007 10 617 575 +2,5%
1890 5 049 729 +11,0% Fontes: [2][3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Arnaiz-Villena; et al. (1997). "Relatedness among Basques, Portuguese, Spaniards, and Algerians studied by HLA allelic frequencies and haplotypes". Immunogenetics (en inglés) 47 (1): 37–43. PMID 9382919. 
  2. Nuno Valério (coord.), Estatísticas Históricas Portuguesas, Vol. I, pp. 33, 37 e 51. INE, 2001. (PDF: 4,18 MB)
  3. INE, CENSOS 2001 Resultados Definitivos, Informação à Comunicação Social, 21/10/2002.
  4. INE, Estimativas de População Residente, Portugal, NUTS II, NUTS III e Municípios - 2006, Informação à Comunicação Social, 03/08/2007.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]