Delitzsch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 51°31′35″N 12°20′33″L / 51.52639, -12.34250

Palacio barroco en Delitzsch.

Delitzsch é unha cidade e un importante centro rexional de Saxonia. Con máis de 26 500 habitantes é a cidade máis grande no distrito norte de Saxonia. Pertenece á área metropolitana de Leipzig-Halle.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade de Delitzsch está situada na parte noroeste do distrito norte de Saxonia, a unha altura de 94 m sobre o nivel do mar. Debido á súa situación xunto á fronteira con Saxonia-Anhalt é a cidade máis ao norte de Saxonia.

Ocupa unha extensión de 83,57 km2 e, segundo o censo do 31 de decembro de 2010, tiña unha poboación de 26 334 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo as crónicas, foi fundada en 1200 e recoñecida co status de cidade en 1300.

Por ela pasaron desde os pobos eslavos até os suecos, durante a guerra dos trinta anos (1618-1648).

Durante a segunda guerra mundial só foi destruída a súa estación ferroviaria.

Panorámica da cidade. Vista tirada dese a torre do Palacio Barroco.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]