Saltar ao contido

David Mackenzie (director)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDavid Mackenzie

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de maio de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Corbridge, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Dundee
Duncan of Jordanstone College of Art and Design (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1994 Editar o valor en Wikidata -

IMDB: nm0533284 Allocine: 31947 Allmovie: p333984
BNE: XX4910748 Musicbrainz: 26d97836-7a6e-4169-a40c-cc0e4b59bb78 Editar o valor en Wikidata

David Mackenzie, nado en Corbridge o 10 de maio de 1966, é un director de cine escocés e cofundador da produtora con sede en Sigma Films.[1] Realizou dez longametraxes, incluíndo Young Adam (2003), Hallam Foe (2007), Perfect Sense (2011) e Starred Up (2013).[2] En 2016, o filme de Mackenzie Hell or High Water estreouse en Cannes e foi estreado nos cinemas dos Estados Unidos en agosto dese ano. En outubro de 2016, Mackenzie traballou en Damnation, un piloto de televisión para Universal e USA Network. Mackenzie tamén dirixiu o filme histórico para Netflix, Outlaw King (2018). Mackenzie e os seus filmes foron descritos como non encadrados nun xénero ou tipo particular.[3][4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Despois de estudar en Duncan de Jordanstone Universidade de Arte e Deseño en Dundee, Mackenzie empezou a dirixir curtas: Dirty Diamonds (1994), California Sunshine (1997), Somersault (1999) e Marcie's Dowry (2000), gañando varios premios internacionais.[3]

A longametraxe de debut de Mackenzie foi The Last Great Wilderness (2002). O seu irmán, o actor Alastair Mackenzie, interpreta a un pailán que queima por vinganza a casa do amante da súa muller. O filme comeza como unha comedia de gangsters, segue como un filme de terror e acaba converténdose en algo diferente.[5] Presentouse no TIFF en 2002.

Logo adaptou a novela homónima en Young Adam (2003).[6] Está protagonizado por Ewan McGregorTilda Swinton, Peter Mullan e Emily Mortimer.[7] O filme estreouse en Cannes en 2003, e en 2004 optou ós premios BAFTA. Tilda Swinton e Ewan McGregor gañaron os BAFTAs escoceses polas súas interpretacións.[8] O filme tamén gañou o Premio Michael Powell no EIFF, e estivo nomeado a catro BIFA e varios premios da Academia de Cine Europeo.[9][10][11][12]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Curtametraxes

[editar | editar a fonte]
  • Dirty Diamonds (1994)
  • California Sunshine (1997)
  • Somersault (2000)
  • Marcie's Dowry (2000)
  1. "David Mackenzie" (en inglés). 25 de agosto de 2013. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2016. Consultado o 13 de xullo de 2016. 
  2. "David Mackenzie". IMDb. Consultado o 13 de xullo de 2016. 
  3. 3,0 3,1 "BFI Screenonline: Mackenzie, David (1966-) Biography". www.screenonline.org.uk. Consultado o 13 de xullo de 2016. 
  4. "Interview: David Mackenzie on Evolving as a Director With "Starred Up"". The Moveable Fest (en ingés). 28 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2016. Consultado o 13 de xullo de 2016. 
  5. "BBC - Films - review - The Last Great Wilderness". www.bbc.co.uk. Consultado o 13 de xullo de 2016. 
  6. Ebert, Roger. "Young Adam Movie Review & Film Summary (2004) | Roger Ebert". www.rogerebert.com. Consultado o 29 de abril de 2016. 
  7. Mackenzie, David (26 de setembro de 2003). "Young Adam". Consultado o 13 de xullo de 2016. 
  8. "Young Adam scores Bafta success". BBC. 15 de novembro de 2004. Consultado o 29 de abril de 2016. 
  9. http://www.line.uk.com/. "Past Award Winners". Edinburgh International Film Festival. Consultado o 29 de abril de 2016. 
  10. "Young Adam receives seven nominations in London Film Critics awards". www.scotsman.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2016. Consultado o 29 de abril de 2016. 
  11. BIFA. "Nominations - Awards 2003 - BIFA - The British Independent Film Awards". www.bifa.film. Consultado o 9 de maio de 2016. 
  12. "Europejska Akademia Filmowa 2003 - Filmweb". www.filmweb.pl. Consultado o 9 de maio de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]