David Beatty
David Beatty | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | David Richard Beatty |
Nacemento | 17 de xaneiro de 1871 |
Lugar de nacemento | Condado de Wexford |
Falecemento | 11 de marzo de 1936 |
Lugar de falecemento | Londres |
Soterrado | Catedral de San Paulo de Londres |
Nacionalidade | Reino Unido, Irlanda e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Alma máter | Royal Naval College, Kilkenny College e Burney's Academy |
Ocupación | político e militar |
Pai | David Longfield Beatty |
Nai | Katherine Edith Sadleir |
Cónxuxe | Ethel Beatty, Condessa Beatty |
Fillos | David Beatty, 2nd Earl Beatty e Peter Beatty |
Premios | Gran cruz da Lexión de Honor, Croix de guerre 1914–1918, Cabaleiro gran cruz da Orde do Baño, Gran Cruz de Cabaleiro da Real Orde Victoriana, Ordem de Serviços Distintos, Orde da Estrela de Romanía, Order of St. George, 4th class, Ordem de Mérito, Cross of Liberty, Knight Commander of the Order of the Bath, Companion of the Order of the Bath, Knight Commander of the Royal Victorian Order, Member of the Royal Victorian Order e Ordem do Redentor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

David Richard Beatty, 1º Earl Beatty, nado en Nantwich (Cheshire) o 17 de xaneiro de 1871 e finado en Londres o 11 de marzo de 1936, foi un oficial británico da Royal Navy.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Despois de servir na guerra do Mahdí e na supresión da Rebelión dos Boxers, comandou o 1º Escuadrón de Cruceiros de Batalla na batalla de Xutlandia en 1916, un enfrontamento táctico indeciso despois do cal o seu enfoque agresivo foi comparado coa cautela do seu comandante o almirante Sir John Jellicoe. É lembrado polo seu comentario en Xutlandia cando dixo: "semella que algo vai mal cos nosos malditos barcos hoxe", despois de que dous dos seus buques estoupasen. Posteriormente sucedeu a Jellicoe como Comandante en Xefe da Grand Fleet, e baixo ese cargo recibiu a rendición da Hochseeflotte alemá ao final da guerra. Despois da mesma serviu durante bastante tempo como Primeiro Lord do Mar onde estivo involucrado nas negociacións do Tratado naval de Washington de 1922, nas que se acordou que os Estados Unidos, o Reino Unido e o Xapón debían manter os seus navíos nun rateo de 5:5:3, con Francia e Italia mantendo frotas máis pequenas.