David Astals

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Astals
Información persoal
Nome David Astals Barrera
Nacemento 13 de decembro de 2001
Lugar de nacemento Bienvenida
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Sabadell
Número 11
Carreira xuvenil
Polinyà
Sabadell
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2019–2021 Sabadell B 4 (0)
2020 Sabadell 67 (1)
2021– Prat 15 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 20 de marzo de 2024.
editar datos en Wikidata ]

David Astals Barrera, nado en Bienvenida o 13 de decembro de 2001, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no Sabadell, da Primeira División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido na localidade estremeña de Bienvenida, aos dous meses trasladouse coa súa familia ao barrio de Poblenou, en Sabadell.[1] Membro dunha familia vencellada ao ciclismo, decantouse polo fútbol, ao que comezou a xogar no Polinyà, antes de ingresar na canteira do Sabadell.[2] Na tempada 2019/20 debutou co Sabadell B na Segunda Catalá, e menos dun ano despois fixo a súa estrea co primeiro equipo na Segunda División, substituíndo ao galego Héber Pena nos minutos finais dun partido ante o Rayo Vallecano.[3] Converteuse deste xeito no primeiro futbolista nacido no século XXI en vestir a camiseta do Sabadell.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Figueras, Pere (22 de setembro de 2020). "La història de David Astals: a punt de marxar per “baixet” i ara renova per dos anys" (en catalán). Consultado o 20 de marzo de 2024. 
  2. "David Astals, un futbolista sorgit en el si d'una família de ciclistes" (en catalán). 11 de febreiro de 2022. Consultado o 20 de marzo de 2024. 
  3. Martín, Maite (19 de setembro de 2020). "Catena culmina la remontada de un Rayo que promete y duerme líder". As (en castelán). Consultado o 20 de marzo de 2024. 
  4. "El Sabadell renueva al ‘chino’ Astals por dos temporadas". Mundo Deportivo (en castelán). 22 de setembro de 2020. Consultado o 20 de marzo de 2024.