Dasipodinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dasipodinos
Dasypodinae
Nine-banded Armadillo.jpg
Dasypus novemcinctus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Subclase: Placentalia
Orde: Cingulata
Familia: Dasypodidae
Subfamilia: Dasypodinae
Gray, 1821
Xénero: Dasypus
Linnaeus, 1758
Especies
  • Véxase texto

A dos dasipodinos (Dasypodinae) é unha subfamilia de mamíferos placentarios da orde dos cingulados, unha das tres que constitúen a súa única familia, a dos dasipódidos,[1] que inclúe varias especies de armadillos do continente americano, tanto de Suramérica (onde teñen a súa orixe), como de Norteamérica.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A subfamilia foi descrita en 1821 polo zoólogo inglés John Edward Gray, en London Med. Repos., 15: 305.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome científico da subfamilia, Dasypodinae, fórmase, como é habitual, sobre a base do xenitivo do nome do seu xénero tipo (e único), Dasypus, engadíndolle a desinencia do latín científico -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.

En canto ao nome do xénero, Dasypus, é unha adaptación do neoloxismo do grego antigo δασύπους dasýpous (literalmente "o de pés peludos", construído polo primeiro elemento dasy- (tirado do grego δασύς dasýs, "denso, mesto, peludo"), e o segundo elemento -pus (do grego πούς poús, "pé, pata").[3]

Clasificación[editar | editar a fonte]

A subfamilia dos dasipodinos comprende un só xénero, coas seguintes sete especies viventes:[2]

Subfamilia Dasypodinae

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dasypodidae en MSW
  2. 2,0 2,1 Dasypodinae en MSW.
  3. Dasypus en Nahuatlahtolli.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 338–340.
  • McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. New York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
  • VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]