Dasypus pilosus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Dasypus pilosus
Armadillo de fociño longo peludo
Lámina de Dasypus pilosus, por Hermann Burmeister (1862)
Lámina de Dasypus pilosus,
por Hermann Burmeister (1862)
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Infraclase: Placentalia
Superorde: Xenarthra
Orde: Cingulata
Familia: Dasypodidae
Xénero: Dasypus
Especie: D. pilosus
Nome binomial
Dasypus pilosus
(Fitzinger, 1856)
Distribución de Dasypus pilosus

Distribución de Dasypus pilosus

Dasypus pilosus, coñecido vulgarmente na bibliografía internacional como armadillo de fociño longo peludo, é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados e da súa única familia, a dos dasipódidos,[2] que vive nunha pequena parte dos Andes peruanos, nos departamentos de San Martín, La Libertad, Huánuco e Junín,[3] onde se pode encontrar até os 3 000 m de altitude. Recentemente foi observado tamén no departamento de Amazonas.[1]

Características[editar | editar a fonte]

O armadillo de fociño longo peludo coñécese moi pouco. Como as outras especies do xénero Dasypus, ten unha coiraza ouy armadura formada por placas dérmicas osificadas dispostas en varias bandas móbiles cubertas por pel coriácea. O fociño é longo e delgado e mide máis da metade da loxitude total da cabeza. As orellas son longas, e están desprovistas de pelo. A cola é delgada, e vai estreitándose cara a punta. A parte dianteira da cola está protexida por aneis de escamas queratinizadas. As patas dianteiras teñen catro garras fortes, e as traseiras cinco, con uñas máis pequenas. Ten unha capa distintiva de pelos longos de color parda avermellada ou parda agrisada que xorde a través de diminutos poros da súa armadura. As súas proporcións corporais son similares ás doutros armadillos, pero é pouco probábel que se confunda coas outras especies.[4] Un individuo macho estudado tiña unha lonxitude total de 57,5 cm, incluíndo unha cola de 25,2 cm.[5]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Dasypus pilosus é unha especie endémica do Perú, onde se encontra restrinxido na parte oriental dos Andes. Habita nos departamentos de San Martín, onde está presente no Parque Nacional do río Abiseo, La Libertad, Huánuco e Junín, e tamén se rexistrou recentemente no departamento de Amazonas.[1]

O seu hábitat son os Yungas, unha zona de bosques subtropicais, bosques caducifolios e perennes ao longo das ladeiras orientais das montañas. Parece frecuente en zonas de denso mato en rexións de pedra calcaria.[1]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Desrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1856 polo zoólogo austríaco Leopold Fitzinger, baixo o nome de Cryptophractus pilosus, en Versamml. Deutsch. Nat. Arzte, Wien, Tageblatt, 32: 123.[2][6]

Non se coñecen subespecies.

Sinónimos[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, e de polo primixenio que lle impuxo Fitzinger, a especie coñeceius tamén polo sinónimo Dasypus hirsutus (Burmeister, 1862),[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Superina, M. & Abba, A. M. (2014): Dasypus pilosus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 4-02-2016.
  2. 2,0 2,1 2,2 Dasypus pilosus no MSW.
  3. Gardner, Alfred L. (2005): "Order Cingulata". En: D. E. Wilson & D. M. Reeder, eds, Mammal Species of the World: A taxonomic and geographic reference, Third edition., pp. 94-99. The Johns Hopkins University Press, Baltimore, Maryland, USA.
  4. Gardner, Alfred L. (2008): Mammals of South America, Volume 1: Marsupials, Xenarthrans, Shrews, and Bats. Chicago: University of Chicago Press. pp. 130-137. ISBN 978-0-226-28242-8.
  5. Eisenberg, John F. & Redford, Kent H. (2000): Mammals of the Neotropics, Volume 3: Ecuador, Bolivia, Brazil. Chicago: University of Chicago Press. p. 105. ISBN 978-0-226-19542-1.
  6. Castro, M. C., Ciancio, M.R., Pacheco, V., Salas-Gismondi, R., Bostelmann, J. E. & Carlini, A. A. (2015): "Reassessment of the hairy long-nosed armadillo Dasypus pilosus (Xenarthra, Dasypodidae) and revalidation of the genus Cryptophractus Fitzinger, 1856". Zootaxa 3947 (1): 30–48.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Castro, M. C., Ciancio, M.R., Pacheco, V., Salas-Gismondi, R., Bostelmann, J. E. & Carlini, A. A. (2015): "Reassessment of the hairy long-nosed armadillo Dasypus pilosus (Xenarthra, Dasypodidae) and revalidation of the genus Cryptophractus Fitzinger, 1856". Zootaxa 3947 (1): 30–48. Ver en (PDF).
  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 338–340.
  • McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. New York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
  • Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8.
  • VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88.
  • Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]