Saltar ao contido

Dasypus yepesi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dasypus yepesi
 Nome taxon
    Dasypus yepesi
Sergio F. Vizcaíno 1995 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Conservación
Datos insuficientes
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseMammalia
OrdeCingulata
FamiliaDasypodidae
XéneroDasypus
EspecieDasypus yepesi Editar o valor en Wikidata
Sergio F. Vizcaíno, 1995 Dasypus yepesi Editar o valor en Wikidata
Localización
 Endémico en
 Mapas
Distribución
Códigos e identificadores
Freebase/m/02wb2f9 Editar o valor en Wikidata
ITIS727512 Editar o valor en Wikidata
OTT4119192 Editar o valor en Wikidata
UICN61924 Editar o valor en Wikidata
CoL349WC Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Dasypus yepesi, coñecido vulgarmente na bibliografía internacional, entre outros, co nome de armadillo de fociño longo de Yepes, é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados e da súa única familia, a dos dasipódidos,[1] subfamilia dos dasipodinos, unha das sete integradas no seu único xénero, Dasypus.

É un endemismo dunha pequena rexión de bosques subtropicais secos situada no norte da Arxentina e nun recanto do sur de Bolivia.[2]

O seu nome honra ao zoólogo arxentimo José Yepes.[3]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

A presenza de Dasypus yepesi na actualidae só se coñece nas provincias de Jujuy e alta, na Arxentina.[4] Debido á falta de estudos de campo, non se coñecen máis de nove estacións da especie. Quizais a súa área de distribución poida ampliase a outras partes do Gran Chaco da Arxentina, Bolivia e Paraguai.[5]

Habita en rexións de bosques subtropicais secos.[2]

Probabelmente se encontra en altitudes de entre os 450 e os 1800 m.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita moi recentemente, en 1995, polo zoólogo, anatomista comparado e paleontólogo arxentino Sergio Fabián Vizcaíno, en Mastozool. Trop., 2: 7,[1] quen a dedicou ao seu compatriota José Yepes.[3]

Os exemplares examinados por Vizcaíno eran espécimes clasificados previamente en Dasypus mazzai, D. hybridus, D. septemcinctus e D. novemcinctus. Son precisos novos estudos morfolóxicos e xenéticos para clarificar o estado taxonómico desta especie.[2]

Controversia

[editar | editar a fonte]

Feijó e Cordeiro-Estrela (2014) presentaron evidencias morfolóxicas de que o holotipo de Dasypus mazzai Yepes, 1933 (sinónimo sénior de Dasypus yepesi Vizcaíno 1995.), non é un xuvenil de Dasypus novemcinctus ou de calquera outra especie do xénero Dasypus. Pero as distintas especies endémicas do noroeste arxentino son indistinguíbeis de D. yepesi.
Polo tanto, o nome correcto para o armadillo de fociño longo de tamaño intermedio que se encontra nas provincias arxentinas de Jujuy e Salta sería Dasypus mazzai 1933 Yepes, 1933.[6]

  1. 1 2 Dasypus yepesi no MSW.
  2. 1 2 3 4 Abba, A. M. & Vizcaíno, S. (2014): Dasypus yepesi na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 4-02-2016.
  3. 1 2 Beolens, B.; Watkins, M. & Grayson, M. (2009): The Eponym Dictionary of Mammals. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. USBN 978-0-8018-9304-9, páx. 455.
  4. Vizcaíno, S. F. (1995): "Identificación específica de las "mulitas", género Dasypus L. (Mammalia, Dasypodidae), del noroeste argentino. Descripción de una nueva especie". Mastozoología Neotropical 2 (1): 5-13.
  5. Abba, A. M., Tognelli, M. F., Seitz, V. P., Bender, J.B. & Vizcaíno, S. F. (2012): "Distribution of extant xenarthrans (Mammalia: Xenarthra) in Argentina using species distribution models". Mammalia 76: 123-136.
  6. Feijó, A. & Cordeiro-Estrela, P. (2014): "The correct name of the endemic Dasypus (Cingulata: Dasypodidae) from northwestern Argentina". Zootaxa 3887 (1):88-94. Resumo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]