Dark Matter Particle Explorer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dark Matter Particle Explorer / DAMPE / Wukong
TipoObservatorio espacial
Contratistas principaisAcademia de Ciencias da China
Data de lanzamento17 de decembro de 2015[1][2][3]
Foguete portadorCZ-2D[2][4]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónObservatorio espacial de altas enerxías.[2][3][4][5]
NSSDC ID2015-078A
Datos orbitais
Semieixo maior6869 km[1]
Inclinación97,4°[1]
Apoapse507,3 km[1]
Periapse489,3 km[1]

Dark Matter Particle Explorer ou DAMPE, tamén coñecido como Wukong, é un observatorio espacial da China lanzado o 17 de decembro de 2015 a bordo dun foguete CZ-2D desde o Centro de Lanzamento de Satélites de Jiuquan.[1][2][4][5][6][7]

Características[editar | editar a fonte]

DAMPE é un observatorio espacial operado pola Academia de Ciencias da China adicado á detección de partículas enerxéticas como raios gamma, electróns de alta enerxía e raios cósmicos. O obxectivo do observatorio é buscar e estudar partículas de materia escura mediante observación de partículas de alta enerxía, estudar a orixe dos raios cósmicos e analizar o mecanismo de aceleración dos raios cósmicos.[1][2][4][5][6][7]

O observartorio foi inxectado nunha órbita heliosincrónica cunha altitude de 500 km e unha inclinación de 97,4 graos. Ten unha masa de preto de 1900 kg e leva a bordo catro experimentos:[1][2][4][5][6][7]

O rango de enerxías detectables por DAMPE van dos 5 GeV a 10 TeV para electróns e de 100 GeV a 100 TeV para raios cósmicos.[1][2][4][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 N2YO (2023). Real Time Satellite Tracking, ed. "DAMPE" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (28 de outubro de 2022). "DAMPE" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 31 January 2017 from the Permanent Mission of China to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (17-01771 (E)). 22 de marzo de 2017: 23. Consultado o 11 de xaneiro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "DAMPE (Wukong)" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2023. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2023). "DAMPE" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2023. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 ESA, ed. (24 de xuño de 2016). "DAMPE (Dark Matter Particle Explorer) - nicknamed Wukong" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2023. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 NASA, ed. (24 de setembro de 2020). "DAMPE" (en inglés). Consultado o 11 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]