Saltar ao contido

Danijela Štajnfeld

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDanijela Štajnfeld

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1984 Editar o valor en Wikidata (41/42 anos)
Ruski Krstur Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity of Arts in Belgrade (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, directora de cine, produtora Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm2007628 Editar o valor en Wikidata

Danijela Štajnfeld, nada en Ruski Krstur en 1984 é unha actriz e directora de cinema serbia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De pai xudeu e nai rutena, naceu na capital cultural dos rutenos de Voivodina e o ruteno foi a súa lingua materna[1], e ademais de serbio fala hebreo[2] e inglés. Estudou na facultade de arte dramática de Belgrado e diplomouse en 2008 na clase do profesor Dragan Petrović. Traballou no teatro e xa antes de se graduar debutou no cinema cun pequeno papel en 2005 no filme Mi nismo anđeli 2 e tamén nese ano apareceu cun papel máis relevante en Ivkova slava. En 2007 protagonizou con Milan Vasić a serie de televisión Ono naše što nekad bejaše e seguiu a traballar principalmente na televisión ata que no ano 2015 protagonizou o suspense albano-americano, Cash Only. Residente nos Estados Unidos[3] en 2020 dirixiu o documental producido por Mike Lerner Hold me right sobre o impacto de violacións e agresións sexuais en vítimas e agresores na época do movemento #metoo, a mesma Danijela afirmou que fora tamén vítima de agresión sexual por parte dunha coñecida figura da industria fílmica do seu país e fora a razón pola que deixara Serbia [4].

  1. Bojana Jovanović. "Zdravlje se budi među kokama!". Bilje i Zdravlje. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2021. Consultado o 29 de agosto de 2020.
  2. "Promenila se! Pevali su joj serenadu u Ivkovoj slavi, a ovako danas izgleda prelepa glumica". Pink.
  3. "Svet Plus: Danijela Štajnfeld" Svetplus.com, 16 de agosto de 2020
  4. "Danijela Stajnfeld on Examining the Impact of Sexual Assault in ‘Hold Me Right’". Variety. 16 de agosto de 2020.