Daniel Weisweiller
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1814 Frankfurt, Confederación do Rin |
Morte | 13 de xaneiro de 1892 (77/78 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 7 |
Consul general (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Español |
Actividade | |
Ocupación | banqueiro , diplomático |
Familia | |
Cónxuxe | Adeline Matilda Helbert |
Pais | David Callmann Weisweiller (en) e Güte Goldschmidt (en) |
Premios |
Daniel Bernard Weisweiller, nado en Frankfurt en 1814 e finado en París o 13 de xaneiro de 1892, foi un banqueiro español de orixe xudía-alemá.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu nunha familia de ascendencia xudía. A temperá idade pasou a traballar para a recoñecida casa Rothschild. Cara a 1835 marchou á Madrid para traballar ás ordes de Lionel Rothschild, quen lle deu plenos poderes para actuar en nome da casa Rothschild.[1] En pouco tempo revelouse como un home activo e eficaz, que sabía moverse entre os círculos políticos e financeiros de Madrid.[2] Como sinalou o historiador Niall Ferguson, Weisweiller era «o axente máis importante dos Rothschild na década de 1830».[3] A través dos seus contactos emprendeu negocios en diversos sectores.
Xa en 1838, mediante as súas influencias, fíxose cun importante contrato para o comercio do mercurio español,[4] procedente das minas de Almadén. Con todo, non tardou moito en empezar a soportar unha gran carga de traballo, polo que en 1848 foi enviado desde Viena outro empregado da casa, Ignacio Bauer, para que o apoiase neste labor. Desde ese momento, tanto Weisweiller como Bauer actuaron como representantes de Rotschild en España.[5] Outro dos seus grandes éxitos empresariais foi o ferrocarril. Weisweiller tería —xunto a Bauer— un importante papel na fundación da Compañía dos Ferrocarrís de Madrid a Zaragoza e Alacant (MZA),[6][7] e o seu posterior desenvolvemento. Posteriormente, chegou a ser membro do consello de administración de MZA.[8] Nos seus últimos anos viviu retirado dos negocios, falecendo en 1892.[9]
Coa súa morte, Bauer asumiu en solitario a representación de Rotschild en España.[10]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ López-Morell 2005, p. 80.
- ↑ López-Morell 2005, p. 82.
- ↑ Ferguson 1999, p. 65.
- ↑ Platt 2010, p. 125.
- ↑ Harrison 1978, p. 47.
- ↑ Costa 1983, p. 157.
- ↑ Comín 1998, p. 179.
- ↑ López-Morell 2005, p. 165.
- ↑ López-Morell 2005, p. 337.
- ↑ López-Morell 2005, p. 338.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Comín, Francisco (1998). 150 anos de historia de los ferrocarriles españoles I. Anaya.
- Costa, María Teresa (1983). La financiación exterior del capitalismo español en el siglo XIX. Universidad de Barcelona.
- Ferguson, Niall (1999). The House of Rothschild I. Money's Prophets: 1798–1848. Viking.
- Harrison, Joseph (1978). An Economic History of Modern Spain. Manchester University Press. ISBN 0-7190-0704-6.
- López-Morell, Miguel Ángel (2005). La Casa Rothschild en España (1812-1941). Madrid: Marcial Pons. ISBN 84-95379-84-8.
- Platt, D.C.M. (2010). Foreign Finance in Continental Europe and the United States 1815-1870. Routledge. ISBN 978-1-136-60995-4.