Daniel Maeztu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Daniel Maeztu
Daniel Maeztu en la Lehendakaritza (26 de octubre de 2011).jpg
Nacemento1974
 Durango
NacionalidadeEspaña
Alma máterFacultade de Dereito (Universidade do País Vasco)
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Daniel Maeztu Pérez, máis coñecido como Dani Maeztu, nado en Durango, Biscaia, 1974, é un avogado e político vasco de ideoloxía independentista vasca, parlamentario vasco de Aralar e concelleiro de Durango pola mesma formación política.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola UPV/EHU e especializado en temas ambientais, é recoñecida a súa traxectoria en diversos grupos ecoloxistas, como Bizkaiko AHTren Aurkako Asanblada (Asemblea contra o Tren de Alta Velocidade de Biscaia) e AHT Gelditu! Elkarlana. Ademais, desempeña labores de avogacía desde o seu propio despacho en Durango.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Membro de Aralar dende o ano 2002, resultou elixido concelleiro de Durango nas eleccións municipais de 2003.[1] Nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2009 encabezou as listas dese partido por Biscaia, obtendo un escano.[1]

Durante o V Congreso de Aralar, celebrado en setembro de 2011, foi elixido membro da executiva, e máis tarde foi nomeado vicecoordinador.[1][2]

Segue sendo membro do Parlamento Vasco ó conseguir revalidar a súa acta parlamentaria nas eleccións do 21 de outubro de 2012, nas que se presentou no posto número 4 nas listas da coalición EH Bildu por Biscaia.[3]

Notas[editar | editar a fonte]