Dani Góngora
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 12 de abril de 1994 (30 anos) Almería, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Daniel Góngora Rodríguez, coñecido como Dani Góngora, nado en Almería (Andalucía) o 11 de abril de 1994, é un futbolista profesional español que xoga de dianteiro no Real Jaén.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Almería, Andalucía, Góngora formouse nas categrías inferiores do Real Madrid, UCD La Cañada Atlético, Sevilla FC e Granada CF.[1] O seu debut en categoría absoluta foi no ano 2013 co UD San Sebastián de los Reyes da Terceira División, xogando posteriormente nos Los Molinos CF e no Marino de Luanco.[2] No ano 2016 asinou co CD Lugo da Segunda División, sendo asignado ao filial lucense da Primeira Autonómica. O 5 de marzo debuta co primeiro equipo na categoría de prata. saíndo en substitución de Fede Vico na derrota do equipo lucense por 1−2 no Anxo Carro ante a UD Almería.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dani Góngora sueña con poder jugar en el equipo de su tierra" [Dani Góngora soña con poder xogar na súa terra] (en castelán). Diario de Almería. 07-05-2014.
- ↑ "Las caras nuevas del Marino tras el mercado de invierno" [As novas facianas do MArino tras o mercado de inverno] (en castelán). La Nueva España. 05-02-2016.
- ↑ "El Almería despierta tras la marcha de Soriano" [O Almería acorda despois da saída de Soriano] (en castelán). Marca. 05-03-2017.