Děčín
Coordenadas: 50°46′25″N 14°11′46″L / 50.77361, -14.19611
Děčín ([ˈɟɛtʃiːn], en alemán Tetschen), é unha cidade e municipio do kraj (rexión) de Ústí nad Labem, ao norte da República Checa, a 80 km ao noroeste de Praga. É a capital do distrito do seu nome.
Situada na confluencia dos ríos Elba e Ploučnice, é un importante nó ferroviario e cruzmento de estradas.
Xeografía[editar | editar a fonte]
O concello está limitado por Alemaña ao norte, por Hřensko, Ludvíkovice, Dobrná e Malá Veleň ao leste, por Heřmanov e Těchlovice ao sur, e por Dobkovice, Malšovice e Jílové ao oeste.[1]
O municipio, situado a 135 msnm, ten unha superficie de 118,04 km2 e, no ano 2018, contaba cunha poboación de 49 226 hamitantes,[2] o que daba unha densidade de 418,25 hab./km2.
Demografía[editar | editar a fonte]
Censos ou estimacións da pobloción do municipio dentro dos seus límites actuais:[3]
Ano | 1869 | 1880 | 1890 | 1900 | 1910 | 1921 | 1930 | 1950 | 1961 | 1970 | 1980 | 1991 | 2001 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | 17492 | 22846 | 28298 | 37617 | 48148 | 50010 | 55925 | 42563 | 46339 | 50301 | 53207 | 53899 | 52506 | 50620 | 49833 | 49739 | 49521 | 49226 |
Historia[editar | editar a fonte]
Baixo a ocupación nazi a cidade fusionouse en 1942 con Podmokly (na beira esquerda do Elba), dennominándose a cidade fusionada, en aléman, Bodenbach.
Na cidade naceron o historiador da arte e organizador depotivo checo Miroslav Tyrš (1832–1884), fundador do movemento Sokol, o matemático austríaco Johann Radon, o político alemán Egon Klepsch, que foi presidente do Parlamento europeo desde 1992 a 1994, e a modelo checa Karolína Kurková.
Galería[editar | editar a fonte]
Postal antiga da ponte da Raíña Isabel (Sissi), en Děčín
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Segundo geoportal.gov.cz.
- ↑ Poboación dos concellos da República Checa a 1 de xaneiro de 2018 (en checo). Consultada o 20 de decembro de 2018.
- ↑ Český statistický úřad, Historický lexikon obcí České republiky 1869–2005, vol. I, Praga, Český statistický úřad, 2006, pp. 366-367; de 1869 a 1910, os censos efectuados polo imperio Austro-Húngaro están oficialemente datados ao 31 de decembro do ano indicado. A partir de 2012, os datos da poboación dos muinicipios da República Checa, ao 1 de xaneiro, no sitio da Oficina Checa de Estatística (Český statistický úřad).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Děčín ![]() |