Saltar ao contido

Dólar de prata do presidente do Tribunal Supremo John Marshall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dólar de prata do presidente do
Tribunal Supremo John Marshall
A/: Retrato de John Marshall cara á esquerda. Data; marcas de ceca (P) e de gravador (JM).

Lendas: CHIEF JUSTICE UNITED STATES SURPREME COURT 1801-1835 / JOHN MARSHALL / LIBERTY / IN GOD WE TRUST

R/: Antiga sala do Tribunal Supremo dos EEUU. Marca de gravador (DW).

Lenda: E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR / UNITED STATES OF AMERICA

O dólar de prata do presidente do Tribunal Supremo John Marshall é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 2005 e cuñada pola Ceca de Filadelfia.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 108-290, do 6 de agosto de 2004,[1] pola que se creaba unha moeda conmemorativa do 250º aniversario do nacemento de John Marshall (1755-1835), que foi presidente do Tribunal Supremo dos Estados Unidos (Chief Justice), e coa que tamén se pretendía recoñecer a importancia do Poder Xudicial nese país.[2]

A Casa da Moeda dos Estados Unidos anunciou en febreiro os deseños desta moeda conmemorativa.[3]

No anverso da moeda, deseñado e gravado por John Mercanti, reprodúcese o retrato de perfil de John Marshall, baseado nun cadro realizado en 1808 polo retratista francés Charles Balthazar Julien Févret de Saint-Mémin, con lendas lendas alusivas ao seu período como cuarto presidente do Tribunal supremo dos Estados Unidos: 1801-1835.[3][4]

Gravado de Charles Balthazar Julien Févret de Saint-Mémin, que J. Mercanti tomou como modelo para o anverso.[5]

Pola súa banda, o reverso representa unha vista interior da antiga sala do Tribunal Supremo dos Estados Unidos, no Capitolio, en Washington.[3][4]

Produción e comercialización

[editar | editar a fonte]

A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 400.000 exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de Filadelfia e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación desde partir do 25 de abril de 2005.[2][4][6]

A súa produción foi de 67.096 dólares na súa condición estándar e 196.753 con acabamento especial (proof), o que fai un total de 263.849 exemplares, lonxe da tiraxe máxima autorizada.[7]

A moeda comercializouse aos prezos de 35 dólares en condición estándar e 39 en condición proof, e o beneficio conseguido coa súa venda destinouse á Sociedade Histórica do Tribunal Supremo (Supreme Court Historical Society).[2][4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]