Dólar de prata do bicentenario do Capitolio dos Estados Unidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dólar de prata do bicentenario do
Capitolio dos Estados Unidos
1994 United States Capitol Silver Dollar Obverse.jpg
1994 United States Capitol Silver Dollar Reverse.jpg
A/: Cúpula do Captitolio, coa súa estatua da Liberdade rodeada por 13 estrelas. Data.

Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST / BICENTENNIAL OF UNITED STATES CAPITOL

R/: Escudo dos EEUU adobiado cunha grilanda de loureiro, catro bandeiras e pólas de oliveira, cunha aguia na parte superior. Marcas de ceca e de gravador (JM).

Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / ONE DOLLAR

O dólar de prata do bicentenario do Capitolio dos Estados Unidos é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1994 e cuñada polas Casas da Moeda de San Francisco e de Denver.

Esta moeda dun dólar foi atorizada pola Lei 103-186, do 14 de decembro de 1993,[1] pola que se dispuxo a emisión dunha moeda en conmemoración Capitolio dos Estados Unidos, para render homenaxe á súa magnificencia arquitectónica.[2]

Deseño[editar | editar a fonte]

Cúpula do Capitolio dos Estados Unidos, reproducida no anverso da moeda conmemorativa.

No anverso da moeda, deseñado por William C. Cousins, represéntase unha vista da cúpula do Capitolio dos Estados Unidos, cunha bandeira do país á súa esquerda e coa estatua da Liberdade do seu cumio rodeada por un círculo de 13 estrelas. A lenda alusiva ao bicentenario é BICENTENNIAL OF UNITED STATES CAPITOL ("Bicentenario do Capitolio dos EEUU) e vai acompañada polos lemas IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos") e LIBERTY ("Liberdade"), tradicionais das moedas estadounidenses, ademais da data de emisión.[2][3]

Pola súa banda, o reverso, obra do gravador da US Mint John M. Mercanti, está caracterizado por un escudo de armas dos Estados Unidos rodeado por unha grilanda de loureiro, coroado por unha aguia que sostén tres frechas e unha póla de oliveira nas súas gadoupas, e flanqueado por dúas bandeiras dos EEUU a cada lado, sobre senllas pólas de oliveira. Este deseño está inspirado na imaxe central dunha vidreira da sala S-222 do Capitolio. Este motivo do reverso está rodeado por lendas alusivas ao nome do país e ao valor facial da moeda.[2][3]

Produción e comercialización[editar | editar a fonte]

A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 500.000 exemplares.[1] A moeda produciuse na Casa da Moeda de Denver na súa versión estándar, en tanto que a Casa da Moeda de San Francisco se encargou da cuñaxe das moedas con acabamento especial (proof), e a emisión estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación a partir do 9 de setembro de 1994.[2][3]

A súa produción foi de 68.332 moedas na súa condición estándar e 279.579 en versión proof, o que fai un total de 347.911 exemplares.[3][4]

A moeda comercializouse aos prezos de 37 dólares en condición estándar e 40 en versión proof.[3] Consonte a lei que autorizou a moeda, o beneficio acadado coa súa venda destinouse ao Fondo de Conservación do Capitolio, que o puxo ao dispor da Comisión de Conservación do Capitolio dos Estados Unidos.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]