Cumes Torboentos
Cumes Torboentos | |
---|---|
![]() Portada da primeira edición de Wuthering Heights (1847). | |
Título orixinal | Wuthering Heights |
Autor/a | Emily Brontë |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | ![]() |
Data de pub. | ![]() |
Formato | Tapas duras e brandas |
ISBN | ISBN 978-0-486-29256-8 |
Tradución | Iván Sestay Martínez |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cumes Torboentos[1] (en inglés: Wuthering Heights), é a única novela de Emily Brontë, publicada en 1847 baixo o pseudónimo de Ellis Bell, co título orixinal en lingua inglesa de Wuthering Heights. A súa irmá Charlotte Brontë preparou unha segunda edición póstuma.
Características[editar | editar a fonte]
Aínda que a día de hoxe se considera un clásico da literatura inglesa, a súa acollida non foi demasiado boa. A súa estrutura innovadora, que adoita compararse cun conxunto de bonecas de matryoshka, desconcertou aos estudosos da literatura nun primeiro momento. Algúns críticos contemporáneos á autora mesmo pensaron que este era un traballo menor e menos maduro de Charlotte, que xa publicara Jane Eyre nese mesmo ano baixo o pseudónimo Currer Bell. Os críticos posteriores levaron a cabo unha revisión de Cumes Torboentos e coincidiron en que a súa orixinalidade excedía á dos traballos das irmás de Emily, Charlotte e Anne.
Existen moitas adaptacións desta novela, incluíndo varios filmes, dramatizacións radiofónicas e televisivas, un musical, telenovelas e mesmo cancións[2]. Traduciuno ao galego Luís de la Torre Carballal e publicouno en 2023 Edicións Laiovento co título de Cumes Torboentos, se ben na publicacións feita co gallo dos Premios de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo de 2003 aparecía un anaco da obra traducida por Iván Sestay Martínez co título de Curutos treboentos[3]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Cumes Torboentos". Laiovento. 2023.
- ↑ "Wuthering Heights", de Kate Bush, en YouTube.
- ↑ "Premios 2003 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo". Cultura Galega. 2004.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Obra completa (en inglés)