Cunca do Polo Norte (Marte)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cunca do Polo Norte (Marte)
Phoenix mission horizon stitched high definition.jpg
Vista das planicies da Cunca do Polo Norte marciano , fotografía tomada pola sonda da NASA Phoenix no ano 2008. Pódense apreciar as placas poligonais producidas pola crioturbación no permafrost marciano.
Tipo de accidente xeolóxico Posible cunca de impacto
Rexión de Marte
Dimensións 10.600 km x 8.500 km dimensións do posible cráter elíptico[1]
Altitude 4–5 km por debaixo do datum marciano.[2]
Coordenadas 67° N 208° E coord. do posible impacto[1]
A Cunca do Polo Norte sería a zona que aparece en azul, exceptuando a zona que ocupa Utopia Planitia, a forma elíptica está interrompida pola rexión de Tharsis, que aparece en vermello.

A Cunca do Polo Norte, ou a Cunca Boreal, é unha gran cunca ou planicie de baixa altitude que está situada no hemisferio norte marciano, e que cubre case o 40% do planeta. Chryse Planitia, o lugar de aterraxe da Viking 1, sería unha baía que se abre cara está cunca.

Unha das posibles explicacións da baixa altitude, do relevo case plano desta cunca, e da falta de cráteres é que está cunca tivo a súa orixe a través dun gran impacto dun meteorito. Dúas hipóteses compiten por dar unha posible resposta á orixe por colisión desta cunca: a primeira sería o resultado dun impacto a baixa velocidade (6 – 10 km/s), cun ángulo oblicuo e un diámetro duns 1.600 - 2.700 km;[3][4] a segunda hipótese extraída dos datos topográficos proporcionados pola Mars Global Surveyor e que coincide cos modelos que suxiren a formación dun cráter cunhas dimensións de 10.600 km por 8.500 km, o impacto estaría centrado nas coordenadas 67° N 208° E, parte do cráter sería recuberto polas erupcións que crearon a rexión do Tharsis. Existen tamén evidencias dun segundo posible cráter/impacto.[1][5] Está última hipótese, faría desta cunca e por moito, o cráter de impacto máis grande do Sistema Solar, aproximadamente con catro veces máis diámetro cá Cunca Aitken (na Lúa) ou que Hellas Planitia no hemisferio sur de Marte.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Zuber, MT; Banerdt, WB; (2008). "The Borealis basin and the origin of the Martian crustal dichotomy". Nature 453 (7199): 1212–1215. Bibcode:2008Natur.453.1212A. doi:10.1038/nature07011. PMID 18580944. 
  2. "Mapa detallado do cuadrante MC-01 Mare Borearum" (PDF). Consultado o 31-03-2012. 
  3. Marinova e o seu equipo; Aharonson, O; Asphaug, E; (2008). "Mega-impact formation of the Mars hemispheric dichotomy". Nature 453 (7199): 1216–1219. Bibcode:2008Natur.453.1216M. doi:10.1038/nature07070. PMID 18580945. 
  4. Hart, SD; Korycansky, DG; Agnor, CB; (2008). "Implications of an impact origin for the Martian hemispheric dichotomy". Nature 453 (7199): 1220–1223. Bibcode:2008Natur.453.1220N. doi:10.1038/nature07025. PMID 18580946. 
  5. Space.com (ed.). "Huge Impact Created Mars' Split Personality". Consultado o 01-04-2012. 
  6. Chandler, David (25-06-2008). MIT News, ed. "Solar system's biggest impact scar discovered: MIT scientists solve riddle of Mars' two-faced nature". Consultado o 15-04-2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]