Hellas Planitia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hellas Planitia
Mapa topográfico de Acidalia Planitia.
Tipo de accidente xeolóxico Planitia
Rexión de Marte
Diámetro medio 2.299,16 km[1]
Profundidade 7-7,5 km respecto do datum marciano.[2]

9 km respecto das cristas que rodean Hellas.[2]

Coordenadas 42,43° S 70,5 E[1]
Procedencia do nome nome dun antigo accidente xeolóxico.[1]

Hellas Planitia, tamén coñecida coma a Cunca de Impacto de Hellas, é unha profunda e case circular cunca de impacto situada no hemisferio sur de Marte. Con case 2.300 de diámetro medio é un dos cráteres de impacto máis grandes do Sistema Solar, ademais de ser dos máis profundos, con máis de 7 km de profundidade respecto do datum marciano.[1][2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Cun diámetro medio de 2.300 km,[3] é a estrutura de impacto máis grande do planeta, xa que outras planitiae e a gran cunca polar de Vastitas Borealis aínda están pendentes de que se confirme a súa orixe a través dun impacto. Pénsase que esta cunca se formou durante o período coñecido coma bombardeo intenso tardío do Sistema Solar, fai aproximadamente entre 4.100 a 3.800 millóns de anos, cando un grande asteroide impactou coa superficie.[4]

Chans rizados en Hellas, foto tomada pola HiRISE.
Chans rizados en Hellas Planitia, dentro do cuadrángulo de Noachis.
Mapa topográfico de Hellas Planitia rodeado das terras altas do hemisferio sur.

A diferenza de altitude entre a crista anular que rodea a planitia é o chan desta é do redor dos 9 km. A profundidade do cráter (7152-metros[5] por debaixo do datum marciano) explica a presión atmosférica: 1,155 Pa[5] (11.55 mbar, 0,17 psi, ou 0,01 atm). Isto é un 89% máis cá presión que existe a nivel do datum marciano (610 Pa, ou 6,1 mbar ou 0,09 psi) e por debaixo do punto triplo da auga, suxerindo que a auga podería pasar pola fase líquida no canto de sublimarse sempre, se a temperatura se eleva por riba dos 0 °C (32 °F).[6]

Algunhas canles que discorren a baixa altitude ó longo de Hellas proceden do complexo do Hadriacus Mons que está situado ó nordés da planitia, en imaxes obtidas pola Mars Orbiter Camera pódense aprecia-los leitos de varias canles, entre elas as do Dao Vallis e do Reull Vallis. Estes leitos discorren á suficiente baixa altitude coma para que flúa a auga líquida ó redor do mediodía marciano, se a temperatura é capaz de subir de 0 °Celsius.[7]

Hellas Planitia está nas antípodas de Alba Patera, e Isidis Planitia está nas antípodas da rexión Tharsis, que posúe os maiores volcáns do planeta, mentres que Argyre Planitia está case nas antípodas de Elysium Planitia, a outra rexión do planeta que posúe grandes volcáns de escudo. Descoñecese se é unha mera coincidencia que existan estes grandes volcáns de escudo nas antípodas das grandes cuncas orixinadas por impacto ou se pola contra existe unha relación.

Descubrimento e nome[editar | editar a fonte]

Debido ó seu tamaño e á súa cor, a cal contrasta co resto do planeta, Hellas Planitia foi o primeiro accidente xeolóxico descuberto en Marte dende a Terra cun telescopio. Antes de que Giovanni Schiaparelli lle outorgase o nome de Hellas (que significa Grecia en grego), era coñecida coma 'Lockyer Land', nome que lle puxo Richard Anthony Proctor no ano 1867 en honra a Sir Joseph Norman Lockyer, un astrónomo inglés que grazas ao uso dun telescopio refractor de 16 cm, fixo a primeira representación realista do planeta" (na opinión de E. M. Antoniadi).[8]

Posibles glaciares[editar | editar a fonte]

Un vista de preto do glaciar cun metro de resolución. Pénsase que o patrón do chan está causado pola presenza de xeo.
Este mapa de altitude amosa a elevación do anel de cascallos e material expulsado.
Glaciar con forma de lingua en Hellas Planitia. Podería existir unha capa de xeo baixo a capa illante de sucidade.

As imaxes de radar da sonda Mars Reconnaissance Orbiter amosaron unhas estruturas xeolóxicas chamadas en inglés lobate debris aprons (placas de cascallos lobulares) en tres cráteres da rexión este de Hellas Planitia, que actualmente son considerados glaciares de xeo de auga cubertos por capas de po, refugallos e cascallos.[9] Este xeo soterrado destes tres cráteres ten, segundo as estimacións, uns 250 m. de grosor nas partes altas dos glaciares e de 300 a 450 m. de grosor no curso intermedio e final dos glaciares. Os científicos pensan que o xeo e a neve se acumula nas partes altas dos cráteres e que flúen costa abaixo, as capas de po e cascallos protexerían ós glaciares da sublimación. Os sucos e as fendas das superficie serían causadas pola deformación do xeo.

Tamén as formas e contornos doutros accidentes xeolóxicos de Hellas Planitia e doutras partes de Marte, asemellasen a glaciares. A superficie semella moverse coma o faría un glaciar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Planetary Names: Planitia, planitiae: Hellas Planitia on Mars". Consultado o 09-03-2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Hellas Planitia". Arquivado dende o orixinal o 12-12-2012. Consultado o 25-03-2012. 
  3. Schultz, Richard A.; Frey, Herbert V. (1990). "A new survey of multi-ring impact basins on Mars". Journal of Geophysical Research 95: 14175–14189. Bibcode:1990JGR....9514175S. doi:10.1029/JB095iB09p14175. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2012. Consultado o 25 de marzo de 2012. 
  4. Acuña, M. H. e o seu equipo. (1999). "Global Distribution of Crustal Magnetization Discovered by the Mars Global Surveyor MAG/ER Experiment". Science 284 (5415): 790–793. Bibcode:1999Sci...284..790A. PMID 10221908. doi:10.1126/science.284.5415.790. 
  5. 5,0 5,1 Martian Weather Observation Arquivado 31 de maio de 2008 en Wayback Machine. MGS radio science measured 11.50 mbar at 34.4° S 59.6° E -7152 meters
  6. Making a Splash on Mars Arquivado 27 de agosto de 2009 en Wayback Machine., NASA, 29 June 2000
  7. Heldmann, Jennifer L. e o seu equipo. (2005). "Formation of Martian gullies by the action of liquid water flowing under current Martian environmental conditions". Journal of Geophysical Research 110: E05004. Bibcode:2005JGRE..11005004H. doi:10.1029/2004JE002261.  para 3 page 2 Martian Gullies Mars#References
  8. William Sheehan. "The Planet Mars: A History of Observation and Discovery". Arquivado dende o orixinal o 01-07-2017. Consultado o 20-08-2007. 
  9. NASA. "PIA11433: Three Craters". Consultado o 2008-11-24. 
  • J. N. Lockyer, Observations on the Planet Mars (Abstract), Novas mensuais da Royal Astronomical Society, Vol. 23, p. 246
  • E. M. Antoniadi, The Hourglass Sea on Mars, Knowledge, 1 de xullo de 1897, pp. 169–172.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]