Saltar ao contido

Programa Viking

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Viking 1»)
Sonda Viking, orbitador e aterrador.

O programa Viking da NASA consistiu en dúas misións non tripuladas ao planeta Marte, coñecidas como sondas Viking I e Viking II. Cada misión posuía un satélite deseñado para fotografar a superficie marciana dende a órbita do planeta, e actuar coma un "intermediario" de comunicacións entre a Terra e a sonda Viking que aterraría no planeta. Foi a misión máis cara e ambiciosa endexamais enviada a Marte. Foi moi exitosa, e proporcionou a maior parte da información sobre Marte da que se dispuxo ata finais da década de 1990.

O programa Viking xurdiu do programa Voyager cara Marte, un esforzo máis ambicioso e cronoloxicamente anterior ao Viking, que non estaba relacionado có exitoso programa Voyager de sondas espaciais.

A Viking I lanzouse o 20 de agosto de 1975, e a Viking II, o 9 de setembro do mesmo ano, ambas as dúas a bordo dun foguete Titan IIIE. Cada nave consistía nunha sección destinada a orbita-lo planeta, e outra pensada para aterrar. Despois de orbita-lo planeta e devolver imáxes usadas para seleccionar un sitio de aterraxe adecuado, as dúas seccions da sonda separabanse, e a sección de aterraxe ingresaba na atmosfera de Marte, aterrando suavemente no lugar elixido.

Os orbitadores continuaban fotografando e levando a cabo outras operacións científicas, mentres as seccións que aterraron despregaban instrumental científico na superficie. A sonda (composta de ambas partes) completamente cargada de combustible, tiña unha masa de 3.527 kg. Despios da separación e aterraxe, a masa do orbitador era de 900 kg, e a do aterrador, de 600 kg.

Deseño do Viking

[editar | editar a fonte]
Sonda Viking.

Os obxectivos principais dos orbitadores Viking eran:

  • o transporte da sonda a Marte
  • levar a cabo unha misión de recoñecemento para localizar e certificar posibles áreas de aterraxe
  • actuar coma un intermediario de comunicacións para os aterradores
  • efectuar outras investigacións científicas

O orbitador baseábase na nave Mariner 9. Era un octógono duns 250 cm de diámetro, cunha masa, no momento do lanzamento, duns 2.500 kg, dos cales 1.445 kg eran combustible e gas (para controla-la altitude da sonda unha vez en Marte).

As 8 caras da estrutura anular (isto é, con forma de anel) tiñan unha altitude de 0,4572 m, e tiñan un ancho de 1.397 mm e 508 mm, alternativamente. A altura total da sonda era de 3,29 m Había 16 compoñentes modulares, 3 en cada unha das 4 caras máis longas, e 1 en cada cara curta.

Catro paneis solares se estendían dende o eixo do orbitador. A envergadura de ditos paneis era de 9,75 m. A nave obtiña enerxía a través de 8 paneis solares de 1,57 m x 1,23 m, situando dous en cada á. Os paneis solares tiñan un total de 34.800 células solares, que producían 620 W de enerxía en Marte. A enerxía almacenábase en dúas baterías eléctricas de níquel e cadmio cunha capacidad de 30 amperios hora.

Vista de Marte, dende o Viking.

A unidade de propulsión estaba colocada sobre a central eléctrica do orbitador. A propulsión lográbase a través dun motor foguete de combustible hipergólico, a base de tetróxido de nitróxeno e monometilhidracina.

O motor era capaz de prover un pulo de 1.323 N, o cal significaba unha velocidade de 1.480 m/s nun foguete delta-V. O control de altitude lográbase por 12 pequenas turbinas de nitróxeno comprimido. Un sensor solar, un sensor solar de cruceiro, un navegador estelar e unha unidade de referencia inercial con 6 xiroscopios permitían a estabilización en 3 dimensións.

Dous acelerómetros tamén ían a bordo. As comunicacións lograbanse cun transmisor de 20 W de banda S (2,3 GHz) e dous TWTAs de 20 W. Un receptor de banda X (8,4 GHz) foi colocado para realizar experimentos de comunicacións, mentres que se utilizou un transmisor de envío de banda S de 2,1 GHz.

Unha antena parabólica manobrable en dous sentidos cun diámetro de 1,5 m foi colocada no bordo da base do orbitador. Dous gravadores de cinta foron capaces de almacear 1.280 Mbits. Tamén dispuña dunha radio de 381 MHz.

Instrumentos científicos para levar a cabo mapeo fotográfico, atmosférico (de vapor de auga) e infravermellos, foron empacados nunha plataforma temperada, colocada na base do orbitador. O instrumental científico tiña unha masa total aproximada de 72 kg.

Investigacións radiais tamén tiveron lugar usando o transmisor da nave. O procesamento de comandos facíase a través de 2 procesadores de datos idénticos, cunha memoria RAM de 4.096.

Sección de aterraxe

[editar | editar a fonte]

Consistía nunha base hexagonal de aluminio, que se apoiaba en 3 patas estendidas, que á súa vez se apoiaban en dito hexágono. A base das patas formaba os vértices dun triángulo equilátero de 2,21m de lado (visto dende enriba). Os instrumentos estaban suxeitos á parte superior da base, e separados da superficie do planeta polas patas estendidas.

A enerxía era provista por 2 xeradores térmicos radio-isotópicos (chamados RTG, en inglés), que contiñan plutonio 238. Cada xerador medía 28 cm de alto, 58 cm de diámetro e tiña unha masa de 13,6 kg. Xeraban 30W continuos, operando a 4,4 voltios. Tamén contaba con baterías recargables de 28 voltios, para manexar picos de corrente.

A propulsión estaba a cargo dun foguete monopropelente de hidracina (N2H4) con 12 saídas dispostas en 4 grupos de 3, que proviñan 32N de pulo, dando unha velocidade vertical de 180 m/s. Estas saídas tamén actuaban como propulsores de control e rotación para a sección do Viking disposta a aterrar en Marte.

O descenso final e a aterraxe lográbanse grazas a 3 motores monopropelentes de hidracina. Os motores tiñan 18 saídas para dispersa-la emisión calórica e minimiza-los efectos sobre a superficie. Podían ser regulados, para pasar de 276 N a 2667 N.

A hidracina era purificada para evitar contamina-la superficie marciana. a sección de aterraxe portaba 85 kg de propelente no momento do lanzamento, que estaban almacenados en 2 tanques esféricos de titanio.

O control da sección de aterraxe lográbase cunha unidade infercial de referencia, 4 xiroscopios, 1 aero-desacelerador, un altímetro de radar, un radar de descenso e aterraxe, e os propulsores de control.

Toda a unidade tiña unha masa de 657 kg.

A comunicación lográbase a través dun transmisor de banda S de 20W, e por medio de 2 TWTAs de 20W. Unha antena parabólica manipulable ao longo de 2 eixos estaba montada preto do bordo da base da sección de aterraxe.

Unha antena omnidireccional de banda S tamén se estendía dende a base. Ámbalas antenas permitían unha comunicación directa coa Terra. Unha antena UHF de 381 MHz permitía unha comunicación nun sentido cara ao orbitador, usando unha radio de 30W. A almacenaxe de datos dábase nun gravador de cinta de 40-Mbit, e a computadora da sección de aterraxe podía almacear ata 6.000 palabras en ordes e procedementos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografías

[editar | editar a fonte]
  • Lleget Colomer, Marius. (2005). Marte, operación vikingo. "Colección Divulgator". Edicions Picazo. Barcelona, España. ISBN 84-361-0168-5.
  • Buttlar, Johannes von. (2002). Hai vida en Marte? : os descubrimentos da misión Viking da NASA. "Colección Ao fio do tempo". Editorial Planeta. Barcelona, España. ISBN 84-320-4788-0.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]