Saltar ao contido

Tharsis (Marte)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Accidente xeográfico extraterrestreTharsis

Editar o valor en Wikidata
Datos xerais
Tipoformação de albedo (pt) Traducir e planalto vulcânico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Corpo astronómicoMarte Editar o valor en Wikidata
EpónimoTársis (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos xeográficos
Coordenadas0°N 260°L / 0, -260 Editar o valor en Wikidata
Diámetrosen valor Editar o valor en Wikidata
CuadránguloQuadrângulo de Tharsis (pt) Traducir e Quadrângulo de Phoenicis Lacus (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
mapa non dispoñible: marte
Identificadores
GoPN5947 Editar o valor en Wikidata

Tharsis é unha rexión de Marte, consistente nun enorme altiplano volcánico localizada na zona ecuatorial do planeta, na beira occidental de Valles Marineris.

Características

[editar | editar a fonte]

A rexión engloba o denominado avultamento de Tharsis, resultado dunha descomunal acumulación de lava ó redor a un radio superior ós 1.000 km, e onde se atopan os denominados Tharsis Montes, un grupo de volcáns que inclúen algúns dos máis grandes dentro do Sistema Solar. Olympus Mons está situado arriba á esquerda; no centro, diagonalmente de arriba a abaixo, están Ascraeus Mons, Pavonis Mons e Arsia Mons, (coñecidos colectivamente coma Tharsis Montes, os Montes de Tharsis). O avultamento de Tharsis elevase 10 km sobre as terras circundantes, e abarca uns 30 millóns de km², unha quinta parte da superficie do planeta. Pensase que Tharsis estivo en estado de formación durante un período do redor de 100 millóns de anos, durante a era Noeica.

A rexión de Tharsis, onde se pode apreciar: 1-Olympus Mons; 2-Tharsis Tholus; 3-Ascraeus Mons; 4-Pavonis Mons; 5-Arsia Mons; e 6-Valles Marineris

Outros elementos volcánicos destacables son Tharsis Tholus e Alba Patera, o único volcán existente ó norte da rexión de Tharsis.

O gran tamaño do avultamento de Tharsis tivo un grande impacto na xeoloxía de Marte. Tharsis ten polas beiras unha depresión topográfica con forma de anel, chamada o Paso (o Desfiladeiro) de Tharsis, mentres que no lado oposto do planeta existe unha protuberancia menor, chamada Arabia Terra, a cal puido formarse coma resultado do avultamento de Tharsis. Este feito foi a principal causa na formación dos vales de drenaxe de Marte, a maior parte formados na última fase da era Noeica. As grandes cantidades de dióxido de carbono e vapor de auga que puideron ser emitidas polo magma de Tharsis tamén puideron xogar un importante papel no período húmido de Marte. Roger J. Phillips calculou no 2001 que puidera formase unha atmosfera de dióxido de carbono de 1,5 bares, e unha capa de auga de 120 metros de profundidade media.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]