Cumio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O monte Damavand no inverno (Irán).

Un cumio é, en topografía, un punto dunha superficie que é máis elevado en altitude que todos os puntos inmediatamente adxacentes a el.

Xeralmente, o termo cumio só é empregado para os picos montañosos que posúen un grao significativo de prominencia topográfica ou singularidade topográfica (gran distancia ao momento máis próximo de maior elevación); así, un bloque rochoso próximo á cima principal dunha montaña non é considerado un cumio.

Os cumios próximos a outro máis alto, con menor prominencia ou illados, que non alcanzan un determinado valor límite, normalmente son considerados subcumios (ou subpicos) do pico principal e, por tanto, parte da mesma montaña.

Un pico piramidal (horn) é un cumio montañoso con forma puntiaguda producida pola erosión do xeo.