Pobo panche
Aparencia
(Redirección desde «Cultura Tolima»)
Pobo panche | |
---|---|
Territorio histórico da cultura tolima. | |
Poboación | |
Poboación total: 55 (censo de 2018)[1] | |
Rexións principais: | |
Cundinamarca e Tolima | 30 000 (ano 1537)[2] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Caribe e castelán |
Relixión | relixión tribal tradicinal, catolicismo[3] |
Grupos relacionados | muzos, muiscas, sutagaos e pijaos |
Os panches ou tolimas son un pobo indíxena de fala caribe[2][4] que habitaban na actual Colombia. O seu territorio abranguía as partes suroccidentais de Cundinamarca e as partes setentrionais de Tolima, preto do río Magdalena. No tempo da conquista española, máis de 30 000 panches vivían no que despois se convertería no Novo Reino de Granada.[2] O coñecemento máis antigo sobre os panches foi recollido polo estudoso Pedro Simón. Segundo el, a verba panche na propia lingua dos panches quería dicir "cruel" e "asasino".[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ DANE (ed.). "Población indígena de Colombia. Resultados del Censo Nacional de Población y Vivienda 2018" (PDF) (en castelán). Consultado o 16 de abril de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 The lost Panches
- ↑ "Latter Day Saints" Arquivado 07 de maio de 2017 en Wayback Machine., Adherents.com
- ↑ Martínez, 2005
- ↑ (en castelán) Meaning Panche according to Pedro Simón