Cucumber (serie de televisión)
| Cucumber | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Xénero
| |||||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||||
| Autoría | |||||||||||
|
Creador/a
| |||||||||||
|
Director/a
| |||||||||||
|
Compositor/a
| |||||||||||
|
Guionista
| |||||||||||
| Temática | |||||||||||
|
Ambientado en
| |||||||||||
| Publicación | |||||||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||||||
|
Emisora orixinal
| |||||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
Cucumber é unha serie de televisión británica creada por Russell T Davies e retransmitida pola Channel 4 en 2015. Estivo en desenvolvemento dende o ano 2006 e anunciouse en novembro de 2013 que se ía complementar coas series Banana (da E4), e Tofu (da 4oD en formato de serie web). Os títulos das tres series proveñén dun estudo científico sobre a erección masculina que clasifica a dureza do pene nunha escala que se compón do tofu, banana pelada, banana e cogombro (de máis brando a máis duro). Despos de ler o estudo, Davies destacou que "daquela souben que xa tiña a miña historia".[1]
Cucumber só ten unha tempada. Davies confirmou que a trama non continuaría nunha segunda tempada.[2] A serie foi candidata aos Premios GLAAD.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]A serie explora a vida gay do século XXI, poñendo o foco en Henry Best (interpretado por Vincent Franklin), un home de mediana idade cuxa vida estábel e predecíbel desaparece após romper a súa relación co seu mozo dende hai nove anos, Lance Sullivan (interpretado por Cyril Nri). Terá que embarcarse nunha nova vida con regras que lle son descoñecidas.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Vincent Franklin como Henry Best
- Julie Hesmondhalgh como Cleo Whitaker
- Fisayo Akinade como Dean Monroe
- Freddie Fox como Freddie Baxter
- Ceallach Spellman como Adam Whitaker
- Eleanor Worthington-Cox como Molly Whitaker
- Cyril Nri como Lance Sullivan
- James Murray como Daniel Coltrane
- Anjli Mohindra como Veronica Chandra
- Con O'Neill como Cliff Costello (5 episodios)
- Letitia Wright como Vivienne Scott (4 episodios)
- Adjoa Andoh como Marie (3 episodios)
- Sharon Duncan-Brewster como Maureen (2 episodios)
- Phaldut Sharma como Leigh (2 episodios)
- Hannah John-Kamen como Violet (2 episodios)
- T'Nia Miller como Kay (2 episodios)
- Charlie Covell como Amy (2 episodios)
- Haruka Abe como Anna Miyagi (1 episodio)
- Ardal O'Hanlon como Brian McCoy (1 episodio)
- Edward MacLiam como Gregory (1 episodio)
- Steffan Rhodri como Don Baxter (1 episodio)
- Beth Goddard como Claire Baxter (1 episodio)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Russell T Davies Explores 21st Century Gay Life in New Drama for C4". Channel 4 Press Office. 19 de novembro de 2013. Consultado o 25 de xaneiro de 2015.
- ↑ Jeffery, Morgan (21 de xaneiro de 2015). "Russell T Davies talks Ch4's Cucumber". Digital Spy. Consultado o 4 de abril de 2020.
- ↑ "GLAAD Media Awards: The Winners List". The Hollywood Reporter. 3 de abril de 2016. Consultado o 3 de abril de 2017.