Cristina Fernández-Bugallal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCristina Fernández-Bugallal
Biografía
Nacemento24 de marzo de 1945 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé Ramón Fernández-Bugallal Editar o valor em Wikidata

María Cristina Fernández-Bugallal Lorenzo, nada en Madrid, é a sexta condesa de Bugallal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou bacharelato en Madrid e licenciouse en bioloxía na Universidade Complutense de Madrid. Casou en 1970 con Antonio Vivancos, un inspector fiscal, con quen vive en Burgos, Bilbao, París e finalmente Madrid. En 1998 empeza a traballar para Manos Unidas, e ao ano seguinte crea a súa propia ONG, Almenara, da que se converte en presidenta da Fundación en 2004. En 2008, logo do falecemento do seu pai, José Ramón Fernández-Bugallal, herda o condado de Bugallal e convértese na sexta condesa.[1]

Tivo catro fillos, dos que a primoxénita faleceu nova. O herdeiro da casa é Ignacio Vivancos Fernández-Bugallal.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Orden 1327/2008". www.boe.es. 14 de maio de 2008. Consultado o 2021-02-13.